A DERROTA DO FERROL NO VAO DA MAIORES OPCIÓNS O DEPOR DE ALCANZAR UNHA FASE DE ASCENSO QUE FAI DUAS SEMANAS PARECÍA IMPOSIBLE.

 

Decía un mestre meu nos anos 70 que : “Nada é imposible, todo é improbable”. E tiña toda a razón do mundo pois nada é imposible, porque non se pode probar que non poida ser, ou sí, pero todo pode cambiar e o imposible pasa a posible, pero antes será improbable, para que se probe e se convirta en posible…e como se proba?…nesas anda o Depor.

A mellora dende o enfrontamento ante o Ferrol que gañaba por 1-0, na única ocasión que tiñan, propiciada por un erro monumental de marcaxe nun balón colgado o área o segundo pau. Tivo as suas ocasións o equipo deportivista, para poñerse por diante e unha para empatar no derradeiro suspiro do encontro. Sería un punto que agora daríanos un mundo de oportunidades para estar na fase de ascenso. Pero iso xa pasou e non se deu.

A mellora do equipo sigueu ante o Pontevedra, cun cativo 1-0 pero con sensación de poder facer máis, e sufrir no derradeiro suspiro cun paradón de Lucho García. A mellora xa foi sustancialmente superior ante o C. de Vigo “B”, cun encontro gañado con autorodade monárquica.

Agora as cousas tornaron en positivo, tras días amargos con despertares “Shakesperianos”. Hoxe no Vao o que xogaba de verde non era o Ferrol, senón que era o Coruxo e debaixo da camiseta ía unha branquiazul, que tamén se xogaba cousas. A derrota dos ferroláns, (3-1), fai que se lle abran máis opcións ao Depor, que terá que gañar e esperar que o C. de Vigo 2B” non lle gañe o Coruxo, que ve abertas as portas a permanenza trala vitoria de hoxe e que fixo cáseque todo o que atesoura o seu casilleiro no seu feudo, onde recibe na derradeira xornada aos veciños con necesidade de gañar para entrar nos 3 primeiros, ou empatar e esperar carambolas.

O Depor debe gañar e logo mirar os outros campos, (para eso son as xonadas unificadas, cousa que os “mafiosos” e o seu séquito de “presidentes lambecús” non queren entender, cando non lles toca a eles).

Se gaña ao Zamora, clasifícase se o C. de Vigo “B” non gaña en o Vao, ou se o Unionistas perde na última xornada ante o Ferrol. Podería mesmo quedar segundo, se se dan ambas circunstancias, porque sairía favorecido dun triplo empate co Unionistas e o Ferrol ou un empate simple cos salmantinos. Se empata, tería algunha remota opción. Pasaría por que o Compostela non gañase, o C. de Vigo “B” perdese e o Ferrol non pasase dos 26 puntos. O triplo e o cuádruplo empate a 27 puntos co Ferrol, C. de Vigo “B”, e o Compos non lle favorece. Só gañaríalle nun empate a puntos cos vigueses.

Fai un par de semanas víase como unha Quimera poder alcanzar a fase de ascenso, agora vese mellor, e se o Ferrol perde co Guijuelo ou empata, ainda se vería mellor. Non dependemos de nós, nen dependíaos, pero a falla dunha xornada para o final, dependemos de moito menos e sobre todo dependemos de derrotar ao Zamora que xa está clasificado para loitar polo ascenso.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia