A DERRADEIRA XORNADA DA 2ª B SERÁ EN HORARIO UNIFICADO.

 

A Real Federación Española de Fútbol informou nunha circular que a derradeira xornada dos grupo 1º-C e 1º-D da 2ª B, será en horario unificado. Só estes dous grupos, xa que que son os que rematan a vindeira fin de semana. A RFEF decretou que os partidos se disputen o Domingo 9 de maio ás 12:00 horas. Polo tanto o Depor visitará os Pajaritos ese día e a esa hora, para xogar ante un Numancia, un encontro que esperemos que sexa para nós intrascendente..

No que se refire ao grupo da loita por quedar na que será 2ª RFEF, no que están o Pontevedra e o Coruxo, non será horario unificado, dado que esta liguiña ainda lle restan varios encontros. 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies