A DEPORTIVISTA TERESA ABELLEIRA DALLE 3 PUNTOS A ESPAÑA

Teresa Abelleira arriba 4ª pola esquerda.

Foto : rcdeportivo.es

 

Un penalti sobre ela e unha asistencia sua para derrotar a Belxica

A xogadora do Deportivo ABANCA, Teresa Abelleira xogou 85 minutos do primeiro encontro do Campionato de Europa Feminino Sub 19 de Escocia, e neles foi obxeto dun penalti que transformaba Claudia Pina e para completar a sua gran actuación asistía a Laia Alexandri no gol da tranquilidade para rematar 2-0 e pensar xa en Inglaterra rival do vindeiro venres.

A outra xogadora deportivista na selección española, María Méndez, seguíu o choque desde o banco.

Todos os partidos poderanse seguir en directo en Teledeporte, a canle temática en aberto de deportes de Televisión Española, a excepción do encontro deste venres 19 de xullo (17:00 hora local, 18:00 en España) ante Inglaterra, só pola web www.rtve.es.

O calendario de partidos da Primeira Fase da selección española, en horario local (unha hora máis en España), cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Martes 16 de xullo
ESPAÑA 2 – 0 BÉLXICA

Venres 19 de xullo
17:00: INGLATERRA – ESPAÑA, no Forthbank Stadium en Stirling

Luns 22 de xullo
17:00: ALEMAÑA – ESPAÑA, no Forthbank Stadium en Stirling

As dúas primeiras seleccións pasan a semifinais, que se xogan o xoves 25 de xullo.

-Datos que nos facilita rcdeportivo.es-

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies