A DEPORTIVISTA EVA DIOS CONVOCADA POLA SELECCIÓN ESPAÑOLA.

 

Eva Dios foi convocada pola selección española sub-19 para unhas xornadas de adestramento na localidade malagueña de Marbella.

A futbolista desprazarase a terras andaluzas tralo partido de Primera Iberdrola deste domingo 14 ante o Real Betis en Abegondo (13:30 horas, Gol) para concentrarse desde o vindeiro luns 15 até o venres 19 de febreiro. Eva Dios é unha das 24 futbolistas chamadas polo seleccionador Pedro López.

Eva Dios xa sabe o que é vestir a camiseta da selección española, posto que formou parte do equipo nacional que, no ano 2018, conseguiu a medalla de bronce no Campionato de Europa de fútbol sala para persoas xordas disputado en Finlandia, sendo ademais elixida no quinteto ideal do torneo e mellor xogadora nova.

A selección española sub-19 xa contou con anterioridade con varias xogadoras do Deportivo ABANCA, como Nuria Rábano, Teresa Abelleira, Malena Mieres, Athenea del Castillo, María Méndez e Carlota Sánchez.

 

Iris Arnaiz falou sobre o empate ante o Eibar

Iris Arnaiz atendeu aos medios informativos nada máis concluír o encontro ante a SD Eibar en Abegondo, correspondente á 20ª xornada na Primera Iberdrola.

A polivalente futbolista branquiazul, que hoxe xogou no centro da zaga, comentou que “está claro que mellor un punto que ningún. Este partido para nós era importante. Sabiamos ao que se ía a dedicar o Eibar. Non conseguimos facer o plan que tiñamos en mente pero tivemos algunha ocasión, tentamos evitar que as tivesen elas. Un punto que podemos facer bo o domingo”, conclúe, en referencia ao novo encontro na Cidade Deportiva ante o Real Betis (13:30, Gol).

Explica que o equipo tentou “xogar algo máis polo medio. Non se puido. Elas pecharon ben. As bandas estaban mal para xogar porque estaban húmidas, pisabas e escapaban os controis. O campo tampouco é que estivese moi ben para xogar polo medio. Tentamos tocar un pouco. Houbo varias xogadas que o conseguimos e fomos superiores a elas; pero preferimos non xogárnola atrás”.

Recoñece que despois de competir o pasado domingo en Badaxoz, “pésannos as pernas a todas. O campo estaba un pouco irregular polas bandas e facíase un pouco pesado. Temos que seguir traballando para recuperarnos o mellor posible para o domingo”.

Agora no centro da zaga, Iris confesou sentirse “bastante cómoda. Tiven a oportunidade de xogar de central na fase de ascenso o ano pasado. Sentínme moi a gusto. Con Stephannie Blanco enténdome bastante ben. Ainoa ten calidade dabondo para xogar no medio. Eu quero xogar. Se Manu considera que teño que xogar aí vouno a facer o mellor posible e tentar mellorar en defensa. Levamos dous partidos con portería a cero e é moi importante”.

Iris admite que despois do partido ante o UD Granadilla Tenerife “houbo un cambio de chip automático de todas. Vimos que non podiamos ir a peor e só quedábanos mellorar. Estamos a demostralo. Estamos a poñer moitas máis ganas, traballando moito máis. Nótase que temos ganas e estamos convencidas que deica pouco imos saír de aí abaixo e manter a categoría”.

 

A nosa crónica do encontro : PREME AQUÍ.

-Foto e Texto : RC Deportivo