A CRÓNICA : ZARAGOZA 0-1 DEPOR : “O DEPOR APRENDE A GAÑAR COMO TEN PERDIDO”

-A CRÓNICA-


Pedro Sánchez bateu ao seu ex equipo.

 Real Zaragoza 0-1 Depor

-O Depor aprende a gañar como ten perdido-

Pode ser tarde ou pode que non, pero o Depor aprende a gañar e como se debe facer. O noso equipo gañou da mesma maneira da que este ano nos arrebataron numerosos puntos en encontros que tíñamos controlados, nos que fomos superiores, pero nos que o equipo contrario lle chegaba unha ocasión para levarse 1 ou 3 puntos. En ataque o equipo branquiazul, (desta volta vermello ca camisola “Meiga”), só xerou unha ocasión extraordinaria de Borja Valle que se foi alta e o gol de Pedro Sánchez, (ex zaragocista), nunha boa xogada coin erro defensivo dos locais, deixando o deportivista só no pico do área para que cruzase o balón e batese a Crístian. Cara de bobo quedoulle ao Real Zaragoza que tivo boas ocasións desbaratadas por Dani Giménez, ou pola nosa defensa, pero non foi quen de atinar e fóronselle os 3 puntos na única xogada deportivista antre os tres paus, inxustamente, pero así se xoga nesta división, saber sufrir e aproveitar.


Dani Giménez, Eneko Bóveda, Pablo Marí, Domingos Duarte, Saúl García, Álex Bergantiños, Edu Expósito, Fede Cartabia (Vicente Gómez, min. 90+1), Borja Valle (Matías Nahuel, min. 70), Quique y Carlos (Pedro Sánchez, min. 81).

Goles : 0-1 Borja Valle (3´); 0-2, Michelle Somma, (9´); 1-2, Guillermo, (90´).

Árbitro:  Vicandi Garrido (Colexio Vasco).Estivo xorewcto. Moi ben nas leis da ventaxe e a hora de sinalar as faltas. Non se deixou levar pola presión da Romareda que protestaba por todo.

Incidencias: Partido correspondente a 37ª xornada da 2ª División Española de Fútbol disputado en “La Romareda” ante 20.400 espectadores, antre os que había un cento de deportivistas.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

 

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos moito menos ca outras webs, radios ou xornais de menor seguimento.

Deixa un comentario

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies