A CRÓNICA : ZAMORA CF 1-0 DEPOR : “PRÉNDENSE AS ALARMAS”.

 

Zamora CF 1-0 Depor

Bastáronlle 10 minutos ao Zamora CF para desarbolar e tumbar a un Depor apático, sen gol e sen mordente. Nen a presenza de 6 canteiráns no once fixo que houbese gañas. O equipo zamorano foi mellor e puido deixar sentenzado o choque nos primeiros 25 minutos.

Do Depor só se pode rescatar unha ocasión crara de Salva Ruíz preto da media hora de xogo. Gran parada do meta local Mapisa e mal Adri Castro que lle quedou o balón para marcar no rexeite pero cruzouna demasiado.

Na segunda metade o Zamora fixo o seu traballo gardando a roupa e buscando contras para sentenzar. Pola sua banda o conxunto deportivista simplemente, non existiu.

Préndense as alarmas tras caer nos dous derradeiros encontros de liga e tres se sumamos o de Copa, acadando tan só un gol e encaixando 4. Queda agora o lider Unionistas de Salamanca a 5 puntos, xa que vencía en Ferrol por 0-1. O Zamora alcánzanos con 15 puntos e o Pontevedra podería superarnos, xa que està a 2 puntos e non xogou o aparzarse o seu encontro co Guijuelo, ao iguak ca o encontro que debía xogar o Sakamanca e i Compostela. No outro encontro que se xogou o Vigo “B” derrotaba o Coruxo por 1-0.

Zamora CF: Mapisa, Coque, Crespo, Iñigo Piña, Parra, Carlos Ramos, Juanan, Vallejo, Adri (Ángel Romero, min. 85), Perero (Valentín, min. 67) e Dani Hernández (Conejo, min. 89)

Depor : Carlos Abad, Valín, Mujaid, Granero, Salva, Bergantiños, Borges, Gandoy (Barba, min. 89), Manu Mosquera (Nacho González, min. 66), Adri Castro e Rui Costa

Goles: 1-0 Adri Herrera (min. 10)

Árbitro: Castellanos Argüeso (c. Cántabro). Amoestou a Álex (min. 49), Crespo (min. 57), Granero (min. 70), Vallejo (min. 76) e Nacho (min. 89)

Incidencias: partido da 9ª xornada do Grupo I Subgrupo A de a Segunda División B disputado no Estadio Ruta da Prata con aforo reducido a 2.000 espectadores.

 

MANIFESTACIÓNS

 

 

 

CELSO BORGES

Celso Borges, un dos capitáns, pasouse pola zona mixta após concluír o partido en Zamora.

O mediocentro deportivista non está de acordo en que o partido do conxunto branquiazul fose horroroso: “Foron superiores, nada máis. Tentaremos facelo mellor o próximo partido e xa está”.

Apunta iso si que “sempre hai cousas que mellorar. Nin cando estamos moi ben somos os mellores nin cando as cousas non saen somos os peores. Así que a traballar”.

Esta derrota, opìna Celso, “hai que tomala con madurez. Por suposto que nos doe perder pero xa virá tempo para analizalo un pouco máis, co vídeo e todo iso. Pechamos xa unha rolda onde temos moitas cousas que mellorar, reforzar as boas e a seguir traballando”.

Entende que #ANOSAFORZA estea “molesta. Perder partidos sempre doe a todos. Trataremos de facelo mellor. Non hai outra cousa máis que traballo realmente”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia