A CRÓNICA : UP DE LANGREO 1-0 DEPOR : “O FÚTBOL TAMÉN PREMIA A QUEN NON O MERECE”.

 

UP de Langreo 1-0 Depor

Foi o Depor de menos a máis ante un Langreo do que esperábamos que lle puxese as cousas máis difícil, pero foron os propios branquiazuis os que se puxeron as trabas. Erraron ocasións cantadas fronte a porta langreista, e concederon un agasallo nun centro lateral que acabou no inxusto 1-0, que fixo que os astures defendesen co coitelo antre os dentes a ventaxe para levarse os 3 puntos.

O Depor tivo varias durante o encontro, en especial unha de Villares e outra de Miku, e unha crara man no área que o colexiado non quixo pitar, pola sua banda o equipo local só tivo a do gol e nunca foi quen de dar sensación de nada.

Rubén de la Barrera saeu con Rayco no eido de Raí, que comezou dende o banco por primeira vez, e no medio do campoo volveu Uche. Con ista derrota a distanza co terceiro redúcese a 2 puntos, aos que está o Ferrol e chegará o vindeiro Domingo o Numancia a Riazor a 1 punto.

 

UP de Langreo: Adrián Torre, Miguel Santos, Alaín, Gonzalo, Chus Puras, Álvaro Muñiz (Álvaro Gómez, min. 89), Marenyá, Jorge Hernández (Adrián Llano, min. 74), David Iglesias, Allyson e Ketu (Cristian, min. 89).

Depor: Lucho García, Bóveda (Lara, min. 81), Mujaid, Granero, Héctor Hernández, Villares, Álex (Borges, min. 81), Uche Agbo (Claudio, min. 81), Keko, Rayco (Raí, min. 59) e Miku.

Goles: 1-0 Álvaro Muñiz (min. 78).

Árbitro: Fonte Martín (c. cántabro). Amoestou a Rayco (min. 37) e Álex (min. 59).

Incidencias: partido da 2ª xornada da segunda fase, Grupo 1D, de Segunda División B disputado no Novo Ganzábal con aforamento reducido.

 

MANIFESTACIÓNS

 

 

 

 

-Texto : piratasdemuxia

-Foto e Vídeos : RC Deportivo