A CRÓNICA : UNIONISTAS DE SALAMANCA CF 2-1 DEPOR : “PRIMEIRA DERROTA E PRIMEIROS GOLES RECIBIDOS NUN CHOQUE NO QUE O XUSTO SERÍA O EMPATE”.

 

Unionistas de Salamanca CF 2-1 Depor

Comezou a primeira metade con moitas imprecisións e perdas de balón, pero pouco a pouco o Depor foise adaptando o terreo de xogo e tendo superioridade, abrindo espazos con xogo interior e chegaría o 1-0 obra de Quiles que se revolveu no pico do área na parte esquerda e buscou de forte disparo o segundo pau. Era o primeiro tiro a porta do encontro.

Dominou e puido chegar o segundo deportivista, que ademáis reclamou unhas mans no área. Non chegou o segundo e sí chegou o empate, tras unha rápida transición dos salmantinos e resbalón dun defensa deportivista. Segueu o encontro co mesmo guión, pero cun Unionistas encoraxinado tralo empate e nun roubo e rápida xogada chegaba o da remontada.

Ata o descanso tanto puido chegar o empate, como o terceiro dos locais, que se toparon cas lubas de Mackay, na sua mellor ocasión antes do tempo de lecer. A mellor deportivista estico nas botas de Miku, que quixo facela de calcaño, ante o meta salmantino.

Na segunda metade o dominio foi deportivista, pero topáronse cun equipo moi bo defensivamente, e non foi quen de acadar un empate que se se tratase de boxeo, tiña que ser “empate técnico”.

Primeira derrota e primeiros goles encaixados. Destacar a animación no campo, por parten das duas afeccións. No minuto 23 os locais cantaron o himno do desaparecido UD Salamanca e os deportivistas alzaron en sinal de respeto as suas bufandas.  

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia