A CRÓNICA : UNIONISTAS DE SALAMANCA 0-1 DEPOR : “HÉCTOR HENÁNDEZ : CHEGAR E BICAR OS SANTOS”.

 

 

Un gol de Héctor Hernández antes de que se cumplise o primeiro minuto de xogo foi suficiente para que o Depor se levase os 3 puntos do “Reina Sofía”, nun choque no que o Depor non sufreu e tivo varias ocasións para facer o segundo, en especial nos derradeiros 15 minutos, con ocasións de Lara, Beauvue e Borja Galán.

Así como Héctor fixo as primeiras de cambio un auténtico golazo por toda a escadra, Derik Osede, que saía titular, tiña que abandoar o terreo de xogo aos 13 minutos de xogo tras un pinchazo, e o propio Fernando Vázquez dicía que tiña, “mala pinta”.

No global, encontro totalmente controlado polos deportivistas que non pasaron ningún apuro a pesares da incertidume do resultado curto que podía trocar en calquer intre, nunha falta, penalti ou xogada aillada.

Unionistas: Serna, Marín, Rojo, Ramiro, Mario, Lama (Nespral, min 80), Miki (Aythami, min 55); Alex Rey, Josué (Diego Hernández, min 64), Carmona (Javi Navas, min 64 Acosta, min 80)) e De la Nava.

Dépor: Carlos Abad, Valín, Mujaid, Derik (Uche, min 13), Hector Hernández, Borges, Bergantiños, Nacho González (Gandoy, min 63), Keko Gontán (Borja Galán, min 82), Lara e Claudio Beauvue (Miku, min 82).

Goles: 0-1, min 1: Héctor Hernández.

Árbitro: Jesús Delfa Ramos (comité extremeño). Amonestou a Nacho (min 46), Uche (min 68), e Héctor Hernández (min 70).

 

MANIFESTACIÓNS

 

 

-Foto e Vídeos : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia