A CRÓNICA : UD LOGROÑÉS 0-1 DEPOR : “TRUNFO DE SERIEDADE”-

 

UD Logroñés 0-1 Depor

Gran nivel de concentración de todo o equipo, ante un dos “cocos” da categoría, un recén descendido con moi bo plantel. O Depor fixo un gran encontro en tódalas liñas e soubo tapar as canles do ataque logroñesista con presión alta e roubos de balón.

Ademáis os rapaces de Borja Jiménez souberon controlar o choque tralo gol, permitindo tan só un par de tiros de lonxe e un remate de testa nun balón colgado o área.

Na máis clara do encontro Guarrotxea, tras fallo no despexe de Rafa de Vicente mandoou o balón preto da cruceta. Miku foi sen dúbida o mellor do encontro, presionando a saida do balón, e roubando moitos balóns, así como aparecer para marcar, tras duas boas paradas do meta local a tiros de Víctor e Villares. Un gol de “pillo” o que marcou o venezolano para traer os 3 puntos para a Coruña.

O Depor deixoulle o balón o equipo local e buscou o xogo polas bandas, na primeira metade e tralo gol e toda a segunda metade mantivo o equipo de Logroño lonxe da área deportivista. pechando o choque con moita seriedade.

UD Logroñés : Serantes, Tekio (Paolo, min. 75), Jesús Rueda, Herrando (Aridane Santana, min. 82), Andoni López, Javi Castellano, Jaime Sierra (David Ramos, min. 75), Iñaki (Borja Galán, min. 75), Alfaro (Siddiki, min. 82), Guarrotxena e Dubasin.

Depor : Mackay, Lapeña, Álex Bergantiños (Borja Granero, min. 84), Jaime, Víctor García, Diego Villares, Juergen Elitim, Héctor Hernández, William (Quiles, min. 55), Miku (Noel, min. 84) e Doncel (Rafa de Vicente, min. 75).

Gol: 0-1 Miku (min. 37).

Árbitro: Muñoz Pérez (c. valenciano). Cartón amarelo a Dubasin (min. 28), Alfaro (min. 38), Serantes (min. 40), ao segundo adestrador deportivista Álex Martínez (min. 40), Diego Villares (min. 45+1), William (min. 45+1), Jesús Rueda (min. 60), Guarrotxena (min. 63), Doncel (min. 74) e Juergen Elitim (min. 82).

Incidencias: partido da 11ª xornada do Grupo 1 de Primeira RFEF disputado no Nuevo Estadio de Las Gaunas ante 6.136 espectadores, coa presenza duns 300 deportivistas.

 

 

-Foto : rcdeportivo.es

-Vídeo : RFEF

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies