A CRÓNICA : UD LAS PALMAS 3-0 DEPOR : “DE PENA A PENA…MOITO TRABALLO POR DIANTE”

 

UD Las Palmas 0-0 Depor

De pena unha vez máis, e fora da casa xa é unha “Vía Crucis” que levamos sufrindo anos, pero que desta volta acrecéntase pola situación na táboa, que ainda que falta moito, non gusta nada.

Primeira metade desastroso con numerosos erros defensivos coma acotío e perdas iñocentes no medio do campo. Cómodo encontro para o Las Palmas que foi moi superior e está a anos luz de nós. Destacando sobremaneira o chavaliño Pedri que fixo o que quixo e Jonathan Viera.

Moito traballo para Luis César para o seguinte encontro ca visita do Málaga a Riazor, o vindeiro Domingo a partires das 16:00 horas, que quen o diría dous equipos que xogaron a promoción e agora son último e penúltimo.

Hai que fixarse no Las Palmas e telo como guía do que hai que facer. Fai un mes tiña 6 puntos, gañou 4 encontros seguidos e aí está en promoción con 18.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.