A CRÓNICA : UCAM MURCIA 3-4 DEPOR : “QUILES E YEREMAY RESCATARON O DEPOR DOS ERROS EN DEFENSA E PORTERÍA”.

Yeremay e Quiles heroes da remontada.

 

UCAM Murcía 3-4 Depor

Non mereceu o Depor sufrir ata o final nun choque no que de ter eficacia de cara a gol , podería ter solucionada a eliminatoria na 1ª metade, pero tras acumular 4 ocasións de gol, William de Camargo aproveitaba unha, pero un erro tremedo de Pablo Brea, dáballe o empate aos murcianos que non fixeran nada para marcar.

Tralo gol sigueu acumulando ocasións o equipo branquiazul, no que só repetía Menudo con respecto o encontro de liga ante o filial do Atlhetic Club. Os derradeiros minutos foron de asedio deportivista.

Xa na segunda metade comezou máis relaxado o Depor, pero cada chegada era medio gol, e de tanto perdoar, un disparo de fora do área, sen que ninguén o esperase, petaba no lombo, e Brea, a pesares de estar b en situado, non conseguía atallar o tiro. 

Non se enrrugou o equipo deportivista, apoiado na garda por unha representación da afección, que se facía oir, por veces máis ca local, comezou a fiañar xogadas e finalizánndoas, pero sen acerto, en especial unha de Yeremay e outra de Calavera, ata que entrou Quiles e na primeira que tocou conseguía o empate, o finalizar un centro de Rafa de Vicente.

Sigueu buscando o gol o equipo branquiazul para non ir a prórroga, pero habería que ir a mesma. Aí o Depor foi moi superior e acumulou numerosas ocasións. Quiles en xogada persoal puido desfacer o igualada pero o seu remate con demasiados defensas encima foise desviado. Máis preto do pau mandouna Noel tamén en acción individual que puido romper as táboas nunha primeira parte da prórroga con clara cor branquiazul.

Ata que nun balón recuperado en tres cuartos de campo, Yeremay, recibía pegado a banda, encaraba o defensor, internábase no área e culminaba de maneira extraordinaria ante 4 defensores, buscanco con rosca o segundo pau.

Non tardou moito en volcer a aparecer Yeremay, que estaba a ser un incordio na banda con varios “un contra un”, (como fiexera dDe Camargo na 1ª metade), e nunha desas foise do seu par, centrou e Quiles de cabeza facía o 2-4, que parecía definitivo, pero sen comelas nen bebelas, un erro de Brea e da defensa propiciaba o 3-4, que deu tensión ata o final, e opción de empate a un UCAM que non mereceu nada e topouse con moito, gracias os agasallos deportivistas, lóxicos se miramos que o Depor deste encontro era un equipo que nunca xogou xunto, e amosou moitos desaxustes, e erros de finalización, pero que foi moi superior e xusto gañador.

UCAM Murcia : Unai Agirre, Johan (Víctor, min. 77), Charlie Dean, Alberto Fernández, Tropi (Armando, min. 69), Nuha Marong (Manu Garrido, min. 46), Caballero, Farrando Stiepovich, Admonio (Chacartegui, min. 46), Josema (Malagón, min. 102) e Ramón Martínez (Xemi, min. 92)

Depor : Pablo Brea, Trilli, Trigueros, Borja Granero, Diego Aguirre, Calavera, Rafa de Vicente, William (Álex Bergantiños, min. 89), Menudo (Yeremay, min. 69), Mario Soriano (Quiles, min. 73) e Noel (Alberto Benito, min. 112)

Árbitro: Bestard Severa (c. Balear). Amonestó a Menudo (min. 28), Johan (min. 57), Charlie Dean (min. 108), Malagón (min. 110) y los técnicos del UCAM: Diego Rodríguez (min. 47), Jesús Ballester (expulsión min. 55) e Salva Ballesta (min. 116)

Goles: 0-1 William (min. 39); 1-1 Johan (min. 40), 2-1 Josema (min. 64); 2-2 Quiles (min. 73); 2-3 Yeremay (min. 105); 2-4 Quiles (min. 109); 3-4 Manu Garrido (min. 116)

Incidencias: partido da primeira eliminatoria da Copa do Rey disputado no Estadio da Condomina (Murcia) con presenza de afeccionados branquiazuis nas bancadas.

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

-Vídeo : Footters

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies