A CRÓNICA : TENERIFE 1-1 DEPOR : “INXUSTIZA NO MARCADOR E ROUBO CUN PENALTI INEXISTENTE”.

Partidazo e golazo de Ager Aketxe.

 

Tenerife 1-1 Depor

Verdadeiramente saimos do “Heliodoro Rodríguez López” aplatanados,  todo gracias o que vestía de plátano que se sacou da manga un penalti de órdago para frear a un Depor que foi inmensamente superior o equipo tinerfeño en especial na segunda metade que foi amo e señor do fútbol, do dominio e das ocasións, algunhas de escándalo.

Comezou creando unha ocasión o equipo canario aos poucos minutos de xogo pero pronto colleu o dominio do xogo o Depor que tivo unha ocasión inmellorable de David Simón. Cortouse o xogo tras lesionarse primeiro un xogador local e despois Uche Agbo, (contusión no xeonllo pendente de exploración), pero non pasou apuros para nada o equipo deportivista. Xa na segunda metade o Depor despregou dominio e fútbol e puido marcar nun taconazo de Sabin Merino que encontrou Ortolá e nun zapatazo de Hugo Vallejo e un cabezazo de Mollejo que se lle foi lambendo o longueiro. Seguía amasando o Depor e puido marcar de novo por medio de Merino, Gaku e Bóveda, que rematou hacia fora un balón que xa se colaba na portería se non tocase. Entrou Çolak e Chrístian Santos e a tripleta formada polo turko, Gaku e Aketxe comezou a crear numerosas xogadas de perigo. Un pase filtrado de Çolak e prolongado por Gaku, recibe Salva Ruíz que pasa a caròn da liña de fondo, dentro do área,ao pico do área pequena e Santos con todo a pracer remata e Ortolá saca co pe a bocaxarro.

Quixo sair nas reportaxes o colexiado e nun balón colgado o área, Mujaid ca posición gañada, salta despexa de cabeza e o xogador tinerfeño non salta e tírase o sentir o brazo do centarl deportivista, sinalando penalti o colexiado madrileño, sen quere revisar o penalti. As protestas acaban coa expulsión con vermello direto a Fernando Vázquez e o doutor Lariño. Luis Milla transformou o penalti, sendo este o segundo e definitivo disparo a porta dos tinerfeño. agás dous balóns as mans de Dani Giménez, que foi todo o encontro un mero espectador.

Xa era visto que este Depor non se rindeu e nunha gran xogada que acaba cun rexeite, chégalle a Aketxe que fusila ao ex do Depor, Ortolá. Buscou o segundo o equipo deportivista, pero ata o colexiado pitou o final a 5 segundos do tempo regulamentario, ademáis de aumentar tan só 4 minutos.

 

Depor: Dani Giménez; David Simón, Bóveda, Bergantiños, Mujaid, Salva; Vallejo (Aketxe, min.58), Uche (Valle, min.24), Gaku, Mollejo (Çolak, min.70); e Sabin Merino (Santos min.70).

Goles: 1-0, Milla,de penalti regalado, (82´); 1-1, Aketxe, (92´).

Árbitro: Ortiz Arias, colexio madrileño. Cagouna no penalti inexistente que pita e a conseguinte expulsión de Fernando Vázquez e o doutor Lariño, propiciadas polo seu erro groseiro. Amonestou no “non penalti” a Mujaid e a Aitor Sanz, e Lluis no Tenerife.

 

 

Koné deixa o Depor

Segundo unha comentou Fernando Vázquez na rolda de prensa, que Koné non firmou a prolongación do seu contrato polo que deixa de ser xogador deportivista. O parecer porque non está xogando, segundo lle dixo o técnico deportivista. Hoxe ás 12 da noite aacaban contrato moitos xogadores e o senegalés foi o único que non asinou a prolongación.

Sobre o encontro Fernando dixo antre outras cousas que :  “me vou ca sensación de que perdemos 2 puntos”.

 

-Fotos e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies