A CRÓNICA : TARAZONA 1-1 DEPOR : “PERDENDO PUNTOS DE NOVO POR DESPERDICIAR NUMEROSAS OCASIÓNS DE GOL”

 

Tarazona 1-1 Depor

Decía o rematar o encontro na Zona Mixta o medio do Depor, Salva Sevilla, que “Nunca me pasou unha situación así, tan de merecer cousas, ser superior en partidos onde mereces gañar, pero por unhas cousas ou outras non ganas”. Parecemos o páxaro “uiui”, deixamos con vida os equipos pola nosa inoperancia de cara a materializar as ocasións de gol que logo pasa o que pasa, ou nos empatan ou nos gañan, e o máis doloroso son en encontros coma este ante o Tarazona que chegou por primeira vez a nosa porta con claridade no 71, e dispuxo da sua única o casión de gol no 94, para empatar un encontro que tiña que ir perdendo de varios. Pero como tamén dixo tanto Salva Sevilla, coma Idiakez, “o fútbol non está a ser xusto connosco”, “O fútbol está a ser cruel connosco”, pero de todo isto non se vive, fan falla resultados e encadear varios partidos sendo os vencedores materiais e non os morais.

O dilema de quen sustituiría a José Ángel que non xogou por sanción aclarouse o ver saltar a Jaime o campo e xogar con 3 centrais, dando máis liberdade os laterais. O dominio foi deportivista dende o inicio, e tras o pitido final o equipo local pasouse os 3 primeiros minutos correndo detrás da pelota. Nese tempo Villares mandou por enriba do longueiro un centro de Lucas.

No minuto 13 Davod rematou a porta pero parou Yoel, que foi o mellor do encontro. Pouco despois Villares dispuxo dunha ocasión cun tiro cruzado que tamén parou o meta local. Pasada a mdeia hora houbo unha dobre ocasión tras un saque de curruncho o meta voou para despexar un despexe que se coaba na sua meta e no rexeite evitou o gol de Pablo Martínez. No haber da primeirra metade dos locais un lanzamento dende propio campo o ver adianrado a Germán Parreño pero que non chegou a porta e foi collido no área polo meta deportivista.

Na segunda metade incrementáronse as ocasións deportivistas, e os poucos do reinicio Davod a pase de Villares disparou dende o punto de penalti e Yoel desvio o forte disparo. Sen abandoar as inmediacións do área tralo rexeite, Lucas rematou a porta e topouse de novo co meta local, e pouco despois o de Monelos rematou entrando por banda contra o lateral da rede.

No 69 Villares roubou en banda dereita centrou e rematou de espuela Valcarce e chegou miragosamente Yoel para eviitar que entrase cunha intervención espectacular. A mellor e única ocasión dos locais chegou pouco despois cando Dani Pichín quedou só tras recibir un pase de Andreu Guiu pero rematou frouxo a mans de Germán.

A resposta deportivista foi un man a man de Lucas co porteiro pero topouse co corpo do mesmo que mandou a saque de curruncho. Hugo Rama que entrara por Valvarce gozou de duas boas ocasións nada máis entrar, a primeira foiselle por moi pouco por enriba do longueiro e a segunda cunn gran disparo que parou Yoel e o despexe chegoulle a Villares que con todo para marcar estrelou no corpo dun defensa índose o balón a corner. Fooi o prolegómeno do gol deportivista. Sacou de recanto Salva Sevilla, o balón foiselle das mans a Yoel e Jaime en boca de gol non tivo máis ca empurar. Por fin chegaba o premio a insistencia, e ademáis no 86 con pouco tempo para acabar.

O colexiado añadeu 6 minutos, tocaba controlar o encontro e non volverse tolos como xa pasara en Fuenlabrada. Puido pechar o encontro se Hugo Rama e Salva Sevilla finalizasen un contragolpe nada máis comezar o desconto, pero con eles xa a desesperada colgan unha falta no área foi rematado polo ex fabrilista, Cubillas, o mesmo que nos marcou estando no Castellón na promoción. Cubillas libre de marca remataba de testa a pracer. Erro grave e todo o traballo tirado a merda, (con perdón), primeiro por ser inoperantes de cara a gol, unha vez máis, e segundo por conceder tremendo erro de marcaxe no área no minuto 94.

Con este empate son 18 puntos en 13 xornadas, moi pouco vagaxe e moitos menos do que se mereceron, a espera de que troque a sorte e que as que ata agora non entraron entren no futuro, pero que sexa un futuro rápido, que as contas pronto non han de dar, ainda que para moitos queda a esperanza de que nesta mesma xornada o Amorebieta o ano pasado estaba igual con 18 puntos en 13 xornadas e logo ascendeu de maneira direta.

SD Tarazona: Yoel, San Emeterio (Pedreño, min. 89), Trilles, Amoah (Areso, min. 89), Cocca, Fer Cano (Guille Alonso, min. 67), Carlos Javier, Keita, Álex Gil (Dani Pichín, min. 67), Andreu Guiu e Cubillas.

Depor: Germán, Paris Adot, Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Balenziaga, Diego Villares, Jaime, Salva Sevilla, Davo (Martín Ochoa, min. 83), Lucas (Cayarga, min. 90+4) e Pablo Valcarce (Hugo Rama, min. 70).

Goles: 0-1 Jaime (min. 86); 1-1 Cubillas (min. 90+5).

Árbitro: Juan Manuel Gordillo Escamilla (c. valenciano). Cartón amarelo a Jaime (min. 48), Balenziaga (min. 64), Andreu Guiu (min. 84), Germán (min. 90) e Carlos Javier (min. 90+7).

Incidencias: Partido correspondente á 13ª xornada do grupo 1 de Primera Federación disputado no estadio Municipal de Tarazona. Houbo unha nutrida representación de deportivistas nunha das gradas.

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : RC Deportivo

-Vídeo : RFEF

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies