A CRÓNICA : TALAVERA 1-1 DEPOR : “DE NOVO RAMPLÓNS FORA”.

 

CF Talavera 1-1 Depor

Non vale con haber tido mellores ocasións co rival para un equipo que quer ascender. Hai que amosarse superior de principio a fin, e máis tratándose dun equipo, o que ten en fronte, que está ca auga o pescozo. A primeira metade foi infumable, rácana en ritmo e en xogo. O máis destacable, unha chegada ata liña de fondo, na que Villares, dende a liña, devolve atrás a Juergune, que só no punto de penalti, tira xontra o bosque de pernas da portería. Logo o gol dos locais, gran centro dende banda dereita deportivista e remate no pico do área contrario ca testa, no que Mackaay puido facer máis. Na derradeira xogada da primeira metade puido marcar Villares a saque de curruncho.

Saeu como debería ter saido xa de inicio, o Depor, na segunda metade, e froito diso chegou o gol do empate. Gran pase antre liñas de Bergantiños, e Quiles non falla. Foi o dianteiro deportivista o mellor desta segunda metade, e puido marcar en outras tres grandes ocasións, a mellor un tiro a cruceta da meta rival.

Non chegou o gol da vitoria e xa se sente o alento do Ferrol na caluga, a falla do que decida o Comite de Competición sobre a aliñación indebida do Bilbao Athletic, se pensan decidir algún día.

Debutou Antoñito como lateral dereito, xogando 74 minutos.

CF Talavera de la Reina: Edu Sousa, Choco, Víctor Ruiz, Bourdal, Góngora, Pablo Monroy (Jordi Martín, min. 72), Jordi Ortega, Vicente (Toño Calvo, min. 62), David Añón (Dani Pichín, min. 72), Christian Perales (Adighibe, min. 72) e Rodrigo (Escalante, min. 88).

Depor : Mackay, Antoñito (Rafa de Vicente, min. 74), Lapeña, Jaime, Héctor Hernández, Diego Villares, Álex Bergantiños, Juergen Elitim, Mario Soriano (Miku, min. 84), Quiles e William (Yeremay, min. 72).

Goles: 1-0 Pablo Monroy (min. 42); 1-1 Quiles (min. 50).

Árbitro: Campos Salinas (c. murciano). Cartón amarelo a Choco (min. 21), Jaime (min. 38), Vicente (min. 52), Toño Calvo (min. 90+5) e Jordi Martín (min. 90+6).

Incidencias: partido correspondente á 33ª xornada do grupo 1 de Primeira RFEF disputado no Estadio Municipal El Prado con numerosos afeccionados deportivistas nas bancadas.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia