A CRÓNICA : TALAVERA 0-1 DEPOR : “VITIORIA TRABALLADA PARA ACURTAR PUNTOS CO PRIMEIRO, AGORA O CASTILLA”.

Lebedenko marcou por primeira vez como deportivista.

 

CF Talavera 0-1 Depor

Voltaron Rubén Díez e Villares o once inicial, dun Depor que foi pr´ctico no El Prado, e que comezou cun ritmo alto e presión arriba para roubar e crear periogo. Ainda non pasaran dez minutos de xogo e xa Pablo Martínez, ao remate dun saque de corruncho, e Villares en duas ocasións, xa gozaran de boas ocasións para adiantarse no marcador, ante un Talavera que tamén xogou a un alto ritmo. Non foi ata a media hora de xogo cando Lebendenko, vía un oco antre a defensa e mandaba un disparo axustado o pau dereito, ante o que o porteiro non podía fecer nada. Primeiro gol do ukraino coa camiseta deportivista, e no fútbol español. Ata o final da primeira metade nada reseñable.

Saeu o equipo deportivista na segunda metade como lle saen a él en Riazor, pertrechado atrás e sen dar concesións, tratando de roubar e lanzar contragolpes. Non pasou apuros practicamenet, ante un rival que saeu algo pasado de voltas e que fixo duras faltas, en especial unha a Soriano, que ven podería ter sido expulsión, e outra dura entrada a Pablo Martínez.

Nin pasou apuros o Depor, nen os creou, nunha segunda metade sen historia, que se alongou en 8 minutos, cando xa se marcara uns excesivos 6 minutos, pero desta vez souberon perder tempo con e sen balón. Tres puntos importante, quinta vitoria fora da Riazor, e a 2 puntos do lider, que agora é o Castilla  que derrotaba por 2-0 ao Linares, e trala derrota do Alcorcón o sábado en Vihgo, (1-0).

CF Talavera de la Reina: Biel Ribas, Parra (Neyder Lozano, min. 88), Ramos, Morante, Brau, Lass (Unai, min. 59), Reguera (Edu Gallardo, min. 74), Álvaro Juan, Zanelli (Alcazar, min. 59), Buenacasa (Javi Bo, min. 59) e Escudero.

Depor : Mackay, Antoñito, Lapeña, Pablo Martínez, Lebedenko, Olabe (Isi Gómez, min. 88), Villares, Rubén Díez (Pepe Sánchez, min. 88), Soriano, Quiles (Yeremay, min. 76) e Lucas.

Goles: 0-1 Lebedenko (min. 29).

Árbitro: Alemán Pérez (c. canario). Amoestou a Lass (min. 47), Unai (min. 61), Villares (min. 74), Yeremay (min. 85), Álvaro Juan (min. 88) e Neyder Lozano (min. 90+6).

Incidencias: Partido da 24ª xornada de Primeira Federación disputado no Estadio Municipal El Prado de Talavera de la Reina, con gran cantidade de deportivistas na grada, que se fixeron oir, antes, durante e despois do encontro.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

-Vídeo : RFEF