A CRÓNICA : SUPERDEPORTIVO FEMININO 3-1 CD TACÓN : “SUMA E SEGUE…DE COLIDER”

 

Deportivo ABANCA 3-1 CD Tacón

Nova vitoria do SuperDeportivo Feminino que suma 19 dos 21 puntos disputados e continua como colider da competición. Adiantouse o equipo deportivista aos 21 minutos de xogo cun tanto de Teresa de forte golpeo dende fora do área, a propia Teresa filtraba un pase antre a defensa visitante que aproveitaba Alba Merino para facer o segundo pasada a media hora de encontro. Un tanto que disipaba dúbidas de quen mandaba no encontro. Peke na seguinte xogada tralo saque de centro marcaba pero o seu gol era anulado por fora de xogo. Antes do descanso Méndez poñía o 3-0 no marcador, tras un saque de curruncho sacado por Nuria, na segunda xogada. Sen novas do Tacón en toda a primeira metade, na segunda as cosas comezaron igual e Teresa, en duas ocasións e Méndez puideron facer o cuarto nos primeiros compases deste segundo periodo. 

Tivo o equipo deportivistas ocasións dabondo para ampliar o marcador, pero nunha xogada aillada pasada a hora de xogo, un centro dende a banda esquerada de Jakobsson, a visitante Ubogagu facía o 3-1. Peke tivo o cuarto nas suas botas pero o seu disparo paseouse por liña de gol. Non se movería xa o marcador.

Deportivo Feminino : Misa; Cris, M.Méndez, Ville, Nuria; Iris, Alba Merino, (Michelle Romero), Teresa, Gaby; Peke e Athenea, (Maya Yamamoto).

Goles : 1-0, Teresa, (21´); 2-0, Alba Merino, (33´); 3-0, M. Mémdez, (42´); 3-1, Ubogagu, (65´)

 

-Foto : Deportivo ABANCA

-Texto : piratasdemuxia

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.