Juergen non veu cartón e poderá estar ante o Santander o mércores.
SD Logroñés 1-0 Dépor
Monólogo do Depor que dispuxo de unha gran cantidade de chegadas perigosas o área rival, cun tiro a cepa do poste de Soriano e outra de Trilli, e outra de Soriano que pasou lambendo o poste, a disparo dende o borde do área, así como ocasións para gol por parte de Quiles, Lapeña, Decamargo e Juerguen. Os logroñeses chegaron en 3 ocasións con perigo, nas contadas ocasións que revasaron o medio campo, unha delas no minuto 41 cun centro cruzado que peta en Bergantiños e no segundo pau non meten gol de miragre.
A segunda metade foi igualmente toda do Depor, con numerosas chegadas con perigo e con ocasións de Miku, (que entrou por Quiles), de remate de testa, e de chilena, pasando lambendo o longueiro, ademáis doutras, pero a fatalidade do fútbol foi que eles aproveitasen un erro de marcaxe nun saque de curruncho e fixeran gol, rematando sós no segundo pau. O asedio foi constante dos deportivistas ata o pitido final, e ata no 95 un saque de curruncho foi rematado por encima do longueiro. Os locais pasáronse moitos minutos do treito final ata cos 11 xogadores dentro do área, pero o fútbol foi unha vez máis cruel co Dépor.
No medio do malo, a boa nova foi que o Santander non pasaba do empate sen goles ante o CD Badajoz no “Sardinero”. Os cántabros visitan Riazor o mércores ás 20:30 horas, (19:30 GMT), a 5 puntos dos deportivistas.
Extraordinaria a afección deportivista que poblou o Fondo Sur do “Las Gaunas” e que non parou de animar en ningún intre.
Dépor : Mackay, Trilli, Lapeña, Jaime, Héctor Hernández, Bergantiños, (Calavera), Villares, Juergen, (Menudo), Soriano, (Álvaro Rey), Decamargo, e Quiles, (Miku).
-Texto : piratasdemuxia
-Foto : RC Deportivo