A CRÓNICA : SANSE 0-0 DEPOR : “MÁIS DO MESMO FORA DA CASA”.

 

Sanse 0-0 Depor

Xogábamos sabendo que o Castilla e o Alcorcón gañaran os seus encontros, e que había que ir a polos 3 puntos, si ou si, pero non se notou para nada. Tivo máis o balón o equipo deportivista, pero iso non chegou, ante un equipo que só se adicou adefenderse e a buscar chegadas a base de roubos e balón parado.

Ben e certo que houbo un par de penaltis, un por unhas mans no área, e outro unha clara falta a Soriano, e que no 22 terían que haber quedado con un menos por unha forte e perigosa a Quiles cos tacos ao nocello, pero no que se refire a xogo, non merecemos máis ca o que se acadou.

Unha clara ocasión de Quiles a bocaxarro que desvían o seu remate en liña de gol, o disparo no borde do área pequena, e unha clara deles cun tiro dende o punto de penalti, con paradón abaixo de Mackay. Eso foi o destacable en cato a ocasións de uns e outros.

UD San Sebastián de los Reyes : Pedro López, Rafa Navarro, Euse, Juanra, Charlie, Villapalos, Jime (Coulibaly, min. 64), Borja, Pedro Benito (Javi Gómez, min. 90+3), Mecerreyes (Rafa de Vicente, min. 64) e Ródenas (Raúl, min. 75).

Depor : Mackay, Antoñito, Jaime (Lapeña, min. 49), Martínez, Lebedenko, Isi Gómez (Villares, min. 75), Olabe, Quiles, Mario Soriano, Lucas e Svensson (Arturo, min. 75).

Árbitro  : Pozueta Rodríguez (c. cántabro). Mecerreyes (min. 23), Olabe (min. 33), Mario Soriano (min. 45), Charlie (min. 79), Villapalos (min. 85), Euse (90+1) e Lucas (90+4). Expulsou ao segundo adestrador do Dépor, Elías Martí (min. 83).

Incidencias: Partido da 23ª xornada de Primeira Federación disputado no Estadio JDH-Novo Matapiñonera cheo de Deportivistas, con máis de un milleiro deles.

 

-Foto : RC Deportivo

-Vídeo RFEF

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies