A CRÓNICA : SAN SEBATIAN DE LOS REYES 0-0 DÉPOR : “PÓLVORA MOLLADA”.

Quiles gozou de varias ocasións de gol.

 

San Sebastian de los Reyes 0-0 Dépor

Comezou o encontro con moi mala pinta para o Dépor e para o debutante en liga baixo paus, Pablo Brea. Unha falta na parte esquerda do ataque madrileño, acababa en gol cano ía pouco máis dun minuto acababa en gol, anulado por fora de xogo. A resposta era rápida e aos 6 minutos de xogo un grn centro de Villares, que fixo de lateral dereito ante a baixa de Víctor García e as molestias de Trilli, era rematado de testa o traveseiro por Soriano, no rexeite Quiles mandaba o balón cruzado lambendo a cepa do poste lonxano.

Un sinfín de faltas dos madrileños, en especial sobre William, que ocupaba o extremo dereito, curtaban o xogo de maneira esaxerada, e co colexiado cunha actitude moi permisiba. Foise facendo o Dépor co dominio do balón e chegando en numerosas ocasións a zona de perigo. Unha gran xogada de Soriano acababa con centro a Quiles, que a bocaxarro non era quen, nen de controlar, nen de disparar a porta.

Na segunda metade o dominio sigueu sendo deportivista, cos madrileños metendo medo en cada balón parado, chegaron a marcar un segundo gol, pero de novo o bo facr do liña, era anulado por claro fora de xogo. Houbo intres de asedio ata o pitido final, pero faltou remate, amosando unha vez máis a falta de gol, a “pólvora mollada” que amosa o equipo cada encontro e que é a máxima culpa de que se estén a perder tantos puntos, e que agora co Santander esté aos mesmos 50 puntos, cun encontro menos. A diferenza nos santanderinos é que non precisan xogar ben, chégalles con crear ocasións, que polo xeral acaban dentro, e domina a perfección o “outro fútbol”, o das perdas de tempo e as faltas contínuas,

O encontro no “Matapiñonera” de San Sebastián de los Reyes, tería que haber acabado con máis dun expulsado, polas contínuas, e duras faltas cometidas polos madrileños, pero o factor principal, neste mal intre dos deportivistas, é a falla de gol.

UD San Sebastián de los Reyes: Miguel Bañuz, Barreda, Juanra, Baro, Iván Perez (Sergi, min. 68), Llorente (Raúl, min. 76), Dani Molina, Borja Sánchez, Fer Ruiz, Arturo (Rueda, min. 87) e Borja Martínez.

Dépor: Pablo Brea, Diego Villares, Lapeña, Jaime, Héctor Hernández, Álex Bergantiños, Juergen Elitim, William (Noel, min. 87), Quiles (Josep Calavera, min. 65), Miku e Mario Soriano (Álvaro Rey, min. 80).

Árbitro: Calderiña Pavón (c. catalán). Moi mal a hora de curtar o xogo duro dos locais. Asimemso obviou unha clara falta no pico do área sobre Noel, no tempo de desconto, a pesares de estar a 2 metros da xoagada.  Amosou cartón amarelo a Iván Pérez (min. 56), Borja Martínez (min. 56), Miku (min. 69), Baro (min. 71), Dani Molina (min. 81), Juergen Elitim (min. 81) e Borja Sánchez (min. 81).

Incidencias: partido correspondente á 25ª xornada do grupo 1 de Primeira RFEF disputado no Estadio Nuevo Matapiñonera. Un gran número de deportivistas no campo, que non pararon de animar en ningún intre.

 

MANIFESTACIÓNS

 

 

-Foto e Vídeos : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia