A CRÓNICA : SAN FERNANDO 2-2 DEPOR : “OPORTUNIDADE PERDIDA”.

Lucas marcou un gol que foi anulado, e mandou un balón a cruceta.

 

San Fernando 2-2 Depor

Hai puntos que se choran cando se escapan, e ainso que se choran meses despois. Oxalá estes só sexan dos primeiros, pois a maneira en que se perderon, segunda vez esta tempada do mesmo xeito, é dura, e o pounto que che queda sabe a derrota.

Encontro malo de solemnidade, dous equipos xogando máis o estilo das categorías de rexional ca a un encontro da 3ª categoría do fútbol español. Tratou algo o Depor de circular o balón pero con moitas perdas en pases sinxelos. Nada máis comezar un erro defensivo e  plántanse sós diante de Mackay, que fai a parada do partido, e iso que só ía 1 munito. Adiantábanse os isleños a raiz dun penalti por man de Olabe, que na, unha vez máis, malísima retrasmisión de Insports TV, non se veu nin nas repeticións, malísimas. Non fallaron dende os once metros e o encontro poñíase costa arriba. Lucas mandou un balón a cruceta na mellor ocasión deportivista.

Foi antes do descanso cando o debutante Lebedenko, colgaba unha fora de banda no área e no rexeite, Rubén Díez, remataba a bote pronto e facía o empate.

Xa na segunda metade tratou de cambiar o destino do encontro o equipo deportivista, pero con erros de bulto que puideron ser goles, coma nun balón as costas da defensa, que só o dianteiro local manda fora. Lucas marcou o seu gol de rigor, pero foille anulado por fora de xogo. Unha fora de xogo, que unha vez máis as repeticións non desvelaron si era ou non era. Nun xogoi embarullado e con moitos paróns, noutra serie de rexeites no área, chegáballe a Quiles e cruzáballa o porteiro para facer o 1-2. 

Parecía que os 3 puntos virían para a Coruña, pero todo se foi o traste cando no final do cuarto minuto de desconto, saque de curruncho, e xa fora de tempo, gol de testarazo impecable, e cara de tonto, para tódolos xogadores e toda a afección.

Debút dos novos

Debutaron os tres novos. Lebendenko xogou todo encontro a un bo nivel, Saverio xogou 65 e tivo unha boa ocasión de gol, que errou, e Pepep Sánchez, que só adestrou o sábado en cadiz co equipo entrou no minuto 91.

Afección

Houbo no campo isleño un total de 9 peñas representadas que se fixeron oir durante todo encontro, ademáis de deportivistas andaluces siareiros deportivistas, antre eles o noso amigo José Manuel Cabrera.

Oportunidade perdida

Desperdiciouse unha gran oportunidade para arrimarse máis a cabeza da táboa, pois o Alcorcón non pasaba do empate no seu feudo ante o Linense, e o Córdoba caía por 0-2 co Vigo B, e o Castilla non pasaba do empate en Pontevedra, (1-1), polo que de poder poñernos a 2 do lider, seguimos igual, agás que lle recurtamos 1 punto o Córdoba, que suma 40, polos 39 nosos, 41 do Castilla e 43 do Alcorcón.

San Fernando CD Isleño: Perales, Manu Farrando (Lanchi, min. 84), José Carlos, Sergio Ayala, Rafa Páez, Alfonso Martín (Ceberio, min. 75), Dani Molina, Biabiany, Bicho (Juanmi Callejón, min. 84), Gabri e Dani Aquino (Del Campo, min. 27).

Depor : Mackay, Antoñito, Jaime, Martínez, Lebedenko, Rubén Díez (Mario Soriano, min. 74), Olabe, Diego Villares, Quiles (Pepe Sánchez, min. 90+1), Lucas e Saverio (Kuki Zalazar, min. 65).

Goles: 1-0 Biabiany, de penalti (min. 40); 1-1 Rubén Díez (min. 45+1); 1-2 Quiles (min. 79); 2-2 José Carlos (min. 90+5).

Árbitro: García Gómez (c. estremeño). Cartón amarelo a Alfonso Martín (min. 43), Biabiany (min. 50), Quiles (min. 53) e Olabe (min. 55).

Incidencias: partido da 21ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio Iberoamericano 2010, en San Fernando, ante 3.241 espectadores.

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies