A CRÓNICA : SALAMANCA UDS 0-0 DEPOR : “NIHIL NOVUM SUB SOLE”.

 

Salamanca UDS 0-0 Depor

“Nihil novum sub sole”, a orixe deste proverbio que se lle atribue o rei Salomón, atópase na Biblia, en concreto no Eclesiastés : “Que é o que foi?. O mesmo que será. Que é o que foi feito?. O mesmo que se fará, e non hai nada novo baixo o sol”. Todo xira a redor da idea de que todo, ou case todo, ten un precedente, a historia desenvólvese de maneira cíclica, repetíndose cada certo tempo uns fitos concretos, que poden transformarse en fórma pero non no fondo.

Pois este é o resumo do que foi o novo Depor de Rubén de la Barrera. De inicio cun 1-4-3-3 parecía facer referencia a sua mensaxe, pero todo acabou igual, ou mellor dito, esto volveu o mesmo de sempre en poucos minutos. Nun Helmántico, máis para poñer patacas que para xogar, non existeuo o fútbol, tan só, un grupo de privilexiados que fixron deporte nunha tarde fría namentras os histeleiros limpaban para pechar sen completar o día.

Non houbo tensión, nervos, ocasións, nen nada. Como se soería decir, “pasaron a fichar”. Non se pode destacar nada, porque nada houbo. Un punto para cada un, porque así está estipulado, e o resto dos que o vimos a traballar para gañar o pan, ou a ver unha serie.

Pouco tempo de traballo para valorar ao novo adestrador que ten moito que fiar para trocar esta apatía, e máis coa cantidade de baixas.

 

Salamanca CF UDS : Barbero, Anderson, Casado, Ayala, Candelas, Molina, Llorente (Telles, min. 80), Amaro, Navas, Uxío (Puma Chávez, min. 71) e Ernest

Depor : Carlos Abad, Valín, Mujaid, Granero, Salva Ruiz, Álex, Gandoy (Derik, min. 68), Borges, Lara, Adri Castro (Nacho, min. 78) e Borja Galán (Rui Costa, min. 68)

Árbitro : García Riesgo (c. Asturiano) Amoestou aBorja Granero (min. 39), Sergio Molina (min. 40), Salva Ruiz y Álex (min. 62) e Javi Navas (min. 80)

Incidencias : partido da 10ª xornada do Grupo I Subgrupo A de a Segunda División B disputado no Estadio Helmántico con aforo reducido a 2.000 espectadores.

 

MANIFESTACIÓNS

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia