SAD Compostela 0-0 Depor
Encontro malo, aburrido, espeso, no que o Compostela propuxo ao comezo e ao final do encontro e no que o Depor a pesares de dominar na maioría do encontro foi insulso en ataque. Un gol de Celso Borges anulado nos derradeiros intres da primeira metade, foi o único destacable da primeira metade.
Na segunda metade saeu mellor o Depor pero sen meter medo en ningún intre. Acabaou mellor o equipo local pero sen crear perigo. O final, encontro cativo do Depor ante un equipo, (con respeto), que non amosou nada, tan só colocación, pero que non pasou ningún perigo, agás o gol anulado, un centro extraordinario de Keko Gontán que desaproveitou Jose Lara, chegando dende atrás e mandando as nubes, e un tiro a cruzeta de Nacho González.
Lesionouse na Salva Ruiz, polo que tivo que entrar Valín e pasar a banda esquerda Eneko Bóveda, que tamén se lesionou e tivo que coller o lateral esquerdo Derik Osede. Esta semana faránselles probas médicas, todo apunta a problemas nos isquiotibiales en ambos casos.
Destacar o mal estado do “Vero Boquete”, para o que se espera deste campo no que se refire ao céspede. Ademáis Fernando Vázquez non estivo no estadio, pola morte do seu irmán. O noso máis sentido pésame, D.E.P.
Depor : Carlos Abad, Bóveda, Mujaid, Granero, Salva Ruiz, Bergantiños, Borges, Nacho González, Jose Lara, Keko Gontán e Claudio Beauvue. Tamén xogaron : Valín, Uche, Miku, e Rui Costa, por Bóveda, Borges, Beauvue e Lara.
ROLDA DE PRENSA DE ÁLEX BERGANTIÑOS
.
-Foto e Texto : RD Deportivo/piratasdemuxia