Sabadell 0-1 Depor
Non foi un bo encontro pero acadouse o máis importante, a vitoria. Saeu como acostuma o equipo deportivista, mandando no campo e pronto se puxo por diante tras un arranque de Villares que lle rouba o balón a un contrario na presión, adentrouse no área e centrou o punto de penalti onde se atopaba Martín Ochoa que controlou ca dereita e mandou un zurdazo a dereita do ex deportivista Ortolá. Tivo o casións o Depor para irse ao descanso cunha boa ventaxe en especial unha do propio Martín e outra de Salva Sevilla o longueiro. Por parte dos locais sinalar unha na que Mackay sae a despexar de puños preto do pico do área, o seu despexe de puños queda curto e cáeqlle a un rival que manda en bolea a porta e saca de testa Villares.
A segunda metade foi completamnte diferente en especial a derradeira media hora, pois o Depor deu un paso atrás e os locais apretaron na procura do gol. Soubo sufrir o equipo e cas liñas moi xuntas bregou e defendeu o resultado buscando algunha contra, que si chegou pero tras un bo control de Lucas, adiantouselle o balón cando ía o man a man co meta que chegou para despexar. A mellor ocasión dos visitantes chegou a balón parado e foi tras unha saida de Mackay, que posiblemente saeu co balón nas mans fora do área antes de soltalo, a toma da tv én frontal e fai moi difícil saber se levaba o balón nas mans antes de sair do área. A falta posterior a centímetros da liña de área, despexouna de puños o meta deportivista.
Sufrido encontro pero vitoria que pode servir de punto de inflexión tras 6 encontros sen gañar, pero voltando a ser mellor equipo que nos derradeiros anos fora da casa.
CE Sabadell FC: Ortolá, Astals, Antonio Sánchez, Pau Resta, Toni Herrero, Juanmi Carrión (Guillem Naranjo, min. 74), Domènech (Carlos Beitia, min. 63), Moyano (Nando, min. 83), Cristian Herrera (Álex Gualda, min. 74), Manel Martínez e Baselga.
Depor: Mackay, Paris Adot, Jaime, Pablo Vázquez, Retu (Dani Barcia, min. 85), Diego Villares (Pablo Valcarce, min. 85), Jose Ángel, Salva Sevilla, Hugo Rama, Martín Ochoa (Davo, min. 70) e Lucas.
Gol: 0-1 Martín Ochoa (min. 7).
Árbitro: Armando Ramo Andrés (c. aragonés). Cartón amarelo a Pablo Vázquez (min. 32), Retu (min. 58), Jaime (min. 67), Paris Adot (min. 81), Mackay (min. 82) e Pau Resta (min. 89).
Incidencias: partido correspondente á 9ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadi de la Nova Creu Alta ante 6.742 espectadores, dos que preto de un milleiro eran deportivistas, que fixeron do campo catalán un pequeno Riazor.
https://www.youtube.com/watch?v=WHLml-gNvIQ&ab_channel=RealFederaci%C3%B3nEspa%C3%B1olaF%C3%BAtbol
-Foto : RC Deportivo
-Vídeo RFEF
-Texto : Xosé Búa