A CRÓNICA, RESUMEN E MANIFESTACIÓNS : DEPOR 2-3 TENERIFE : “O DEPOR CAE INXUSTAMENTE E CO RECOÑECEMENTO DE RIAZOR”

Gran partido de Mella que fixo un gol e rozou outro.

 

Depor 2-3 Tenerife

Pode tildarse totalmente d inxusto o pase do Tenerife que só foi mellor co Depor na efectividade, pois o máis normal e qu os de Idiakez acabaran os 90 minutos ca eliminatoria resolta pero, repetimos, o Tenerife asestou 3 golpes de efectividade ante o dominio e o desparoaxo dos deportivistas, que xogaron parte da prórroga cun menos por expulsión excesiva de José Ángel, nun balón dividido, que ben podería quedar en nada.

Variou o equipo Imanol Idiakez pero tan só con Mella, Barcia e Rubén López como representantes da canteira, e foi o propio Mella o que adiantaba aos nosos nunha xogada na que amosou a sua velocidade. Balón longo de José Ángel a Valcarce que a pesares do seu mal control, picou o balón para que Mella entrase coma unha bala, estrelase o balón no poste, tras dar nun rival, e que desta volta a sorte non fora aciaga e o rexeite lle chegase a él mesmo para empurrar a gol.

O Tenerife chegaba sen perigo e acadando algún saque de curruncho, pois en defensa a parella Jaime-Barcia eran os donos da parcela defensiva. No medio campo o xove Rubén López e José Ángel, con Hugo Rama, mandaban, e moi ben Cayyarga no interior.

Xa na segunda metade e nada máis comezar Mella tivo o segundo, tras unha boa xogada de Pablo Martínez que xogou de lateral, pero trala gran ocasión do canteirán, chegaba, inxustamente, o gol do empate para un Tenerife que non estaba a merecer nada. 

Tralo empate buscou insistentemente o gol o equipo branquiazul ante un equipo tinerfeño que achicaba balóns. Entrou Villares por Hugo Rama, Lucas por París Adot, Davo por Mella e Kevin Sánchez por Cayarga, nun claro afán de que o encontro non chegase a prórroga, pero sí o fixo.

Outra vez o Tenerife amosaba a sua efectividade cando Álvaro facía o 1-2, pero en troques de amiudarse co gol os deportivistas respondían de inmediato cun gran gol de testa de Kevín Sánchez que no segundo pau boleaba co seu testarazo para metela pola escadra contraria, pouco despois José Ángel vía o seu segundo cartón amarelo nunha xogada cun balón dividido no que tanto él coma o rival ían duro, e o colexiado que perdoara máis dun cartón a dureza dos isleños, expulsaba o xogador deportivista. En vez de buscar que pasase o tempo e ir os penaltis como faría un equipo cativo, buscaron o 3-2, pero o que chegou xa nos derradeiros minutos foi o 2-3, nun balón o segundo pau a Sergio que parou Mackay na cepa do poste, pero que o rexeite quedoulle franco para nada máis que ter que empuxala.

O equipo recibeu unha sonora ovación o finalizar polo ofercido no terreo de xogo, nun deses encontros nos que se pode dicir que a diferenza de categoría só se veu na efectividade, pois os tinerfeños levaron un botín altamente excesivo ofercendo moi pouca cousa para ser un equipo que loita polo ascenso a 1ª División e poñendo sobre o céspede un equipo coma o que xoga na 2ª División.

O final falaron Idiakez, Barcia e Kevin Sánchez que coincidiron en que se mereceu gañar. Tes máis abaixo os vídeos co que dixeron.

Depor: Mackay, Paris Adot (Yeremay, min. 73), Jaime (Pablo Vázquez, min. 96), Dani Barcia, Pablo Martínez, Hugo Rama (Diego Villares, min. 63), Jose Ángel, Rubén López, Cayarga (Kevin, min. 87), Pablo Valcarce (Lucas, min. 73) e Mella (Davo, min. 63).

CD Tenerife: Tomeu Nadal, Jesús (Aitor Buñuel, min. 61), Amo, Sergio González, Nacho, Bodiger (Salifo, min. 112), Elady (Alassan, min. 61), Alexandre (Pablo Hernández, min. 77), Roberto López, Teto (Álvaro Romero, min. 87) e Ángel (Loïc, min. 77).

Goles: 1-0 Mella (min. 10); 1-1 Nacho (min. 60); 1-2 Álvaro Romero (min. 101); 2-2 Kevin (min. 107); 2-3 Sergio González (min. 120+2).

Árbitro: Luis Mario Milla Alvendiz (c. andaluz). Expulsou a Jose Ángel por dobre amarela (min. 109). Cartón amarelo a Sergio González (min. 33), Pablo Valcarce (min. 42), Elady (min. 48), Jose Ángel (min. 73), Pablo Martínez (min. 105+1) e Pablo Hernández (min. 115).

Incidencias: Partido correspondente á 2ª eliminatoria da Copa del Rey disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 18.594 espectadores.

 

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”