A CRÓNICA : REAL UNIÓN 2-1 DEPOR : “INXUSTA DERROTA DIFÍCIL DE EXPLICAR”.

Irureta, un grande do Depor reciebu unha emotiva homenaxe.

 

Real Unión 2-1 Depor

Primeira metade dominada absolutamente polo Depor ao que só lle faltou o gol, ante un Real Unión que aproveitou, (con moita sorte) o único erro defensivo deportivisita. Buscou o empate o equipo branquiazul e a pesares das grandes ocasións, (ata 5 claras), non chegou, (hai que metela).

Na segunda metade volveu a repetirse o guión da primeira, os deportivistas gozaron de numerosas ocasións para empatar e para levarse o encontro, arrinconaron o equipo local e asediaron a porta defendioda por Irazusta, ao que fixeron internacional. O empate chegaría por medio do rapáz, Noel, que levaba 7 minutos no campo en sustitución de Quiles. 

Non se conformou o Depor, no mellor encontro fora da casa en moito tempo, no que a fútbol se refire, buscaron o gol da remontada, pero un novo erro defensivo o equipo irundarra montou un contragolpe e Bravo voltaba a meter por diante aos seus. Buscou, Borja Jiménez , a igualada dando entrada a Menudo, Aquirre e Villares, pero a pesares de gozar de varias ocasións ata o pitido final, o Depor caía inxustamente por haber errado en ambas áreas.

 

Real Unión: Irazusta, Elosegui, Iván Pérez, Ruiz, Balbu, Senar, Vivancos, Capelete (Beobide, min. 46; Arzuaga, min. 87), Llamas (Temenuzhkov, min. 73), Oyarzun (Seguín, min. 81) e Carlos Bravo (Ariztimuño, min.81)

Depor: Mackay, Víctor García, Lapeña, Jaime (Aguirre, min. 84), Héctor Hernández (Villares, min. 84), Álex Bergantiños (Mario Soriano, min. 46), Rafa De Vicente (Menudo, min. 84), Juergen, Quiles (Noel, min. 58), William e Miku

Goles: 1-0 Carlos Bravo (min. 9); 1-1 Noel (min. 65); 2-1 Carlos Bravo (min. 75)

Árbitro: Avalos Martos (c. catalán). Amoestou a Jaime (min. 56), Vivancos (min. 57), Víctor (min. 87) e Temenuzhkov (min. 90+2)

Incidencias: Partido da 7ª xornada de Primeira RFEF Footters disputado no Stadium Gal, coa presenza de 250 afeccionados Deportivistas e saque de honra e homenaxe na previa por parte da Real Unión de Irún e o RC Deportivo a Javier Irureta, irundarra e formado como futbolista no Club local, ademais de lendario adestrador do Dépor, co que conquistou unha Liga, unha Copa e dúas Supercopas de España.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia