A CRÓNICA : RAYO VALLECANO 3-1 DEPOR : “NOVA PIFIA”

 

Rayo Vallecano 3-1 Depor

Comezou ben o Depor e froito deso e de que o Rayo estaba a errar moito en especial o porteiro que amosou todo o encontro inseguridade, chegaba o gol de Aketxe aos 5 minutos de xogo. Nun libre direto dende lonxe que se tragou o meta Alberto.

Os locais non daban collido o ton do encontro ata que no minuto 17 tras dobre ocasión desbaratada por Dani Giménez remataba só Mario Suárez o fondo das mallas, nun erro defensivo deportivista.

Non tardou en chegar o gol da remontada dos raistas, noutro erro defensivo de Lampropoulos e Borja Valle, para que marcase o 2-1, Álvaro García, resultado co que se chegaba ao descanso.

Saeu a polo empate o Depor na segunda metade e tívoo nas botas de Aketxe que estrelou o seu disparo no corpo dun defensa que evitaba o gol ou de Koné que se topou ca única parada do meta local Alberto.

Nova pifia fora da casa con goleada incluida e xa van 8 goles en contra en 3 encontros. Debutaron osfabrilistas, Mujaid e David Sánchez que entrou en sustitución do seu compañeiro, cando Anquela dispuxo defensa de tres no minuto 72.

Rayo Vallecano: Alberto; Advíncula, Catena, Saveljich, Akieme; Mario Suárez (Martín, m.84); Embarba, Trejo (Oscar Valentín, m.58), Pozo, Álvaro García (Piovaccari, m.70); e Andrés Martín.

Depor: Dani Giménez; David Simón, Lampropoulos, Mujaid Sadick (David Sánchez, m.72), Caballo; Bergantiños, Gaku (Vicente, m.63); Borja Galán, Aketxe, Borja Valle (Santos, m.65); e Koné.

Goles: 0-1: M.5 Aketxe; 1-1: M.17 Mario Suárez; 2-1: M.33 Álvaro García; 3-1: M.90 Pozo.

Árbitro: Trujillo Suárez (Comité tinerfeño). Amonestu a Mario Suárez (m.73), do Rayo; e a Caballo (13), del Deportivo.

 

JOSÉ ANTONIO ANQUELA

Juan Antonio Anquela manifestou na sala de prensa de Vallecas que “aquí non se pode ir ningún de rositas. Isto é un equipo, e un equipo que ten que defender desde o primeiro home até o último. Que temos que ser máis intensos en momentos puntuais? Iso veo todo o mundo. Que en Segunda División hai que meter pata e entrar ao balón de verdade… E niso estamos a pecar de certa blandura”.
O técnico deportivista subliña que “a inconsistencia defensiva non só é da defensa. Son moitas máis cousas. Iso é o que temos que analizar. Os meus rapaces fixeron o que puideron, e nada máis. Estivemos pelexando até o último segundo. O terceiro gol veu no tempo engadido, cando estabamos arriba e estabamos a tentar conseguir un empate que creo que nos merecemos máis que dabondo antes”.
Apunta que o resultado “foi tremendamente inxusto connosco. O equipo, sen facer un partido bo bo do todo, en fases do partido estivemos metidos, fixemos as cousas con cabeza. O que nos faltou foi conseguir o goliño, que o buscamos até o final. Non puido ser. Agora o único que hai que facer é estar tranquilos, levantarse e axudarnos todos, porque se non nos axudamos todos, xa sabedes como funciona o fútbol. Os nervios entran e apodéranse de calquera”.
VÍDEO RESUMO

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies