Racing de Santander 0-0 Depor
Pouco que reseñar na primeira metade con moito respecto antre ambos onxuntos. Tiveron eles unha moi clara nun saque de curruncho, que ademáis supoñía a primeira chegada dos locais a dominios deportivistas. Co dominio do balón totalmente deportivista, nese intre no que os cántabros teñen a ocasión deuse unha situación de chegadas suas durante un par de minutos.
A ocasión máis clara do encontro tívoa, William de Camargo que nun roubo deportivista recibía o balón dende banda dereita e encaraba só o meta santanderino pero facíaselle de noite e con todo para marcar mandaba o balón contra o meta na sua saida a altura do punto de penalti. Elixeu rematadamente mal a finalización da xogada o extremo deportivista. No treito final da primeira metade igualouse o dominio do balón con varias faltas e chegadas sen finalizar de ambos conxuntos.
Xa na segunda metade, as cousas comezaron igual, con chegadas de ambos sen acabar de finalizalas. O Santander buscaba o roubo e as contras e o Depor elabioraba dende atrás. Fuise facendo co choque o equipo deportivista pero sen dar finalización as xogadas. Así foron pasando os minutos e así rematou, cun sobresalto de derradeira hora, cando un roubo en banda dos cántabros acabou con remate dende o pico do área, pero Mackay moi atento chapoou sen problemas a carón do pau curto.
O Detalle : Primeiro encontro no que o Depor non marca e o sentimento dende a grada con máis de 1.500 deportivistas, (antre eles membros da nosa peña), que non pararon de animar ata o final do choque, e xa dende moito antes de que comezara, (e dende o sábado).
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia
