A CRÓNICA : RACING 1-1 DEPOR : “UN POUCO DE LUZ NO SEGUNDO TEMPO”

Jovanovic fixo o seu primeiro gol co Depor.

 

Racing de Santander 1-1 Depor

Que estes xogadores teñen algo dentro, non teño ningunha dúbida. Se chegaron a fichar polo Depor teñen que ter algo e se chegaron a xogar noutros equipos anteriormente e algúns van cas suas seleccións é por algo. Neste encontro no que na previa apuntábamos que vendo os números duns e doutros o máis seguro sería un empate, (o Racing leva 9 en 13 choques), o Depor na primeira metade foi o de sempre, nervoso, perdendo balóns constantemente,abusando do balón longo e regalando un gol, no que Yoda nin que fose Messi para “bailar” a tres branquiazuis e ante a sua impasiovidade, “fusilar” a Dani Giménez, que unha vez máis estivo “vendido”.

A primeira metade foi total do equipo local, ainda que o meta deportivista non recibeu antre os tres máis nada máis co gol, e non só neste periodo, senón que en todo o encontro. Koné puido empatar cun disparo cruzado que se lle foi alto.

Na segunda o Depor foi outro. Foi un equipo vertical que buscou a porta racinguista e consigueu marcar tras unha boa xogada colectiva que empezou na banda dereita e que avanzou ata chegar a Koné, que asisteu a Jovánovic que acababa de sair por Aketxe, (desaparecido), plantouse polo vértice dereito na área rival e bateu o meta Luka de tiro cruzado, dando no poste longo. A partires do gol as ocasións foron constantes do Depor, Koné mandou un balón o longueiro, Salva Ruíz o lateral da rede, un defensa racinuista evitou co corpo que un disparo dende a frontal se fose dentro, e as chegadas foron sempre con perigo. A segunda metade foi un pouco de luz e amosou que este équipo se quer ten moito que demostrar.

Racing de Santander: Luka, Buñuel, Olaortua (Alexis, min. 79), Figueras, Moisés, Toribio, Ortiz, Cejudo, Yoda, Enzo Lombardo (Sergio Ruiz min. 59) e Nuha (Hidalgo, min. 75).

Depor: Dani Giménez; Bóveda, Lampropoulos, Montero, Salva Ruiz, Bergantiños, Peru, Borja Valle, Aketxe (Jovanović, min. 65), Koné (Mollejo, min. 83) e Longo (Santos, min. 77).

Goles: 1-0 Yoda (min. 10); 1-1 Jovanović (min. 67).

Árbitro: Ávalos Barreira (c. catalán). Amoestou a Bóveda (min. 13), Longo (min. 30), Koné (min. 65), Ortiz (min. 81), Hidalgo (min. 90+4)

Incidencias: partido da 13ª xornada de LaLiga SmartBank disputado no Sardinero ante 14.104 espectadores, 500 deles do Dépor.

 

MANIFESTACIÓNS

LUIS CÉSAR

Luís César recoñeceu na sala de prensa do Sardinero que “foi un momento crítico e desestabilizador para nós chegar aquí e estar no descanso perdendo sen facer un bo partido. Ao primeiro de vez xa recibes un gol en contra. Corriximos un par de cousas. O equipo saíu ao campo convencido e demostrou que ten alma e bos futbolistas. O noso labor agora é seguir avanzando e sumando puntos para ir metendo rivais detrás”. O técnico deportivista apunta que “na primeira parte non se cumpriu o que queriamos. Tivemos que retocar partitura no descanso. Non entramos ben ao partido. Non por non querer, se non porque non estamos sólidos. Se na primeira parte fomos peores que o Racing, na segunda se temos un pelín de fortuna , fixemos máis merecementos para marcar máis dun gol.
Imos rescatar o positivo e observar tamén o negativo. Empeza a seguinte batalla. Que pase o seguinte. Na segunda parte estou contento porque o Sardinero viuse envorcado cara á portería de Luca Zidane. E xogouse o partido no campo de Racing. Se tivésemos un mapa de calor, o partido xogouse diante do meu banco. Se estivésemos enrachados, que non o estamos, na segunda parte metésemos máis dun gol. A seguir”. Insiste o adestrador branquiazul en que “fomos peores que o Racing de Santander na primeira parte, téñoo que recoñecer. Pero fomos moito mellores que o Racing na segunda. Se estivésemos noutra dinámica, noutra espiral, hoxe metésemos máis dun gol”.
Confesa que “o vestiario está contento porque eles saben que estiveron ben na segunda parte, a afección que se desprazou eu notei que estaba a vibrar co equipo. Axudáronnos. Os xogadores están contentos porque ven que na segunda parte estivemos xogando diante da portería do Racing. En canto ao de gañar, de momento non son capaz, pero o serei”. Non é Luís César partidario de ver o vaso medio cheo ou medio baleiro con este empate porque “iso é unha elección persoal. Ao final se ti non podes gañar, empata. Xa sei que un punto parece pouco. Tamén lle parecerá ao Racing de Santander.
Viñemos aquí polos 3. Se todos os partidos que perdeu o Dépor este ano empatase, imaxínache onde estaría. Cando empatas parece que é pouco. Son 3 e escápanse 2. Se non podes gañar tes que empatar. O importante é non perder. Imos satisfeitos? Non. Eu viña a por os 3. Viñamos a por os 3. Eu quería gañar. Os xogadores queren gañar. Creo que na segunda parte estivemos moi preto de lograr os 3 puntos. Hai que persistir, insistir e resistir. Estamos ao pasar mal. Que fixemos mal na primeira parte? Observar, aprender, corrixir. O equipo ten alma, ten paixón, ten furia, como se viu na segunda parte. E ese é o camiño”.
Recalca que na segunda parte o camiño é “xogar en campo contrario. Se xogamos todos os partidos en campo contrario como na segunda parte estaremos máis preto de gañar. O noso porteiro non tivo apenas traballo na segunda parte: unha falta lateral, un córner e algunha contra ao final. Tampouco podes ter ao Racing de Santander 45 minutos na súa área. A idea é sempre xogar en campo contrario. Na segunda parte conseguímolo? Si. O Racing xogou no seu campo porque non puido saír. Foi porque estivemos ben e o Racing estivo a defender 45 minutos porque non foi capaz de facelo mellor”.
JOVANOVIC
O atacante serbio cualificou o seu gol como “importante para min e importante para o meu equipo. Acábase este refacho e imos cara arriba”. Agradece a Koné o seu gran pase: “Moi boa asistencia. Facemos iso nos adestramentos e hoxe metemos gol. Oxalá que no próximo partido podamos lograr os 3 puntos”. Insiste Jovanović en que “temos moi bo equipo, un equipazo, un persoal moi bo. Estamos todos como unha familia. Na segunda parte xogamos moi ben. Na primeira non tan ben”. queda co punto: “aos poucos. É importante traerse un punto. O Racing non se merece esta posición. Pero o Deportivo para min merece estar en Primeira División. Oxalá que o próximo partido gañemos”. Vaticina que, de fronte ao próximo sábado en Fuenlabrada, “se saímos como na primeira parte, creo que conseguiremos os 3 puntos”. A nivel individual, confesou sentirse “moi ben, moi cómodo desde o primeiro día que vin aquí. Os meus compañeiros colléronme con moito agarimo e estou moi feliz”.
SALVA RUÍZ
Salva Ruiz comentou que na segunda parte “necesitabamos que se vise un cambio, que se vise outra cousa. Falamos ao descanso e viuse o que queremos que sexa este Deportivo”. Destaca que tras pasar polos vestiarios, “xogamos en campo contrario, que é o que queriamos. Tivemos 3 ou 4 ocasións para poder marcar. Creo que ten que ser a actitude de todo o equipo durante todo o partido. Non pode ser que teñamos que ir perdendo 1-0 para que se vexa esa actitude”. Na súa opinión, o Dépor empeza mal os partidos por unha cuestión de “cabeza. Algo que nos atenaza e ata que non vemos que temos que ir a matar a envorcarnos non sacamos a nosa mellor versión. É algo que temos que mellorar, que temos que cambiar. Esta segunda parte pódenos dar confianza e ánimo para o partido que vén”. Opina que na segunda metade “foron os mellores minutos no que levamos de ano. A primeira parte non gañamos practicamente nin unha segunda xogada, nin un balón dividido. Iso falámolo ao descanso. Viuse un cambio e é a liña para seguir. Xogamos en campo rival durante toda a segunda parte, e é como debe ser o Deportivo”.
Agora, Salva Ruiz pide en Fuenlabrada o vindeiro sábado 2 de novembro (16:00 horas, Movistar LaLiga) que “se vexa a mesma imaxe, a mesma actitude desta segunda parte. Facer bo este empate logrando os 3 puntos en Fuenlabrada”. A pesar do punto e as boas sensacións, o lateral deportivista lembra que “a situación non é boa. Nin moito menos. O equipo non está morto nin moito menos. Aínda temos ánimo e confianza para sacar isto adiante”. Autor de varias xogadas de mérito na segunda parte polo seu carril zurdo, advirte que “cando o equipo ataca, vai arriba, domina atópome bastante cómodo. Se a imaxe do equipo é esta eu podo aproveitar aos meus compañeiros, e os meus compañeiros máis a min”.

 

A AFECCIÓN

 

Unha vez máis a afección deportivista deu unha demostración de que nunca fallan. En torno a 500 deportivistas de 42 peñas, animaron sen descanso no “El Sardinero”.

 

-Manifestacións e fotos : RC Deportivo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.