A CRÓNICA : PONTEVEDRA 1-1 DEPOR : “ENCONTRO DE CASADOS CONTRA SOLTEIROS”.

Pontevedra 1-1 Depor

Rubén de la Barrera non se quixo complicar e puxo en liza a un equipo de circunstancias deixando no banco aos que estaban apercibidos de cartóns, dando entrada no campo de inicio a Mella, que dispuxo da mellor ocasión da primeira metade cun tiro a cepa do poste, e con él a Raúl Carnero, que amosou que non está para xogar o fútbol neste nivel e que regalou o gol pontevedrés, que non quita que foi un golazo. Tamén amosou que está moi baixo de forma, Rubén Díez, que xogou de “suposto” orgañizador, e foi o dos derradeiros meses, pases en curto sen complicarse e sen aportar nada. A primeira metade pareceu un encontro de pretempada, un encontro de solteiros contra casados.. Na segunda metade deu entrada a Bergantiños, Lebedenko e Quiles e a cousa cambiou totalmente. Dominio, ocasións e sobre todo chegadas o área. 

Quiles foi a boa e a mala nova. Saeu e tivo 3 ocasións de gol en 2 minutos, unha delas o poste. Oasedio deportivista tivo o seu premio en forma de penalti, cunhas claras mans de Churre que parou un disparo franco de Lucas, xa antes houbera un clarísimo penalti a Svensson que o colexiado non quixo pitra. Dende os once metros Quiles non fallou, pero pouco despois nunha entrada fortuita, apoiou mal e deu a impresión no primeiro intre que se partira a perna. Os compañeiros do campo, e do banco cas mans na cabeza de desesperación, pero trala intervención dos galenos saeu polo seu propio pé do campo, e volveu a entrar, pero tivo que acabar saindo, e pode que teña algo grave no xeonllo, polo que é probablemente baixa para os Play-off. Unma malísima nova, a espera das exploracións médicas, pero pinta mal.

O Castellón nos Play-Off

A liga foi para o Ferrol, en parte gracias aos agasallos de Óscar cano, que se o tiveran posto antes, poderíamos tela celebrado fai varias semanas, pero as malas prestacións fora da casa, cun só encontro gañado en todo o 2023 fixeron que a liga parecese igualada. O final cuarto posto e a promoción ante o Castellón, co primeiro encontro a vindeira fin de semana na Coruña.

Pontevedra CF: Pablo Cacharrón, Seoane (Jaichenko, min. 72), Derik, Churre, Samu Araujo, Brais Abelenda (Javi Robles, min. 89), Borja Domínguez (Rufo, min. 89), Miguel Román, Álex González, Yelko Pino (Ángel Bastos, min. 61) e Charles (Álex Masogo, min. 72).

Depor : Mackay, Trilli, Jaime, Pepe Sánchez, Raúl Carnero (Lebedenko, min. 55), Rubén Díez (Svensson, min. 75), Olabe (Álex Bergantiños, min. 5), Isi Gómez (Villares, min. 70), Mella (Quiles, min. 55), Yeremay Hernández e Lucas.

Goles: 0-1 Brais Abelenda (48´); 1-1 Quiles, (91´de penalti).

Árbitro: Ruiz Álvarez (c. asturiano). Amoestou a Miguel Román (min. 41), Olabe (min. 52), Churre (min. 74 e 89) e Yeremay (min. 90+8).

Incidencias: partido da 38ª xornada, última da fase regular, de Primeira Federación disputado no Estadio Municipal de Pasarón. Antes do partido, Pontevedra CF e RC Deportivo homenaxearon a Charles Dias no seu último encontro como futbolista profesional.

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Vídeo : RFEF

Texto : Xosé Búa “Pirata”