A CRÓNICA : PONTEVEDRA 1-1 DEPOR : “EMPATE A NADA”

Rolán suma o seu segundo gol consecutivo que vale un punto máis.

 

Pontevedra CF 1-1 Depor

Partido aburrido o que ofreceron en Pasarón o Pontevedra CF e o Depor. Calquer cousa menos pensar que xogaban o segundo contra o primeiro e co premio do liderato en xogo. Nada que ver co encontro que vimos antre os mesmos adversarios fai uns meses en pretempada.

O primeiro tempo pasou coma un chubasco que pasa e da unha tregua a espera do seguinte. Nen un só tiro a porta de ambos contendentes nos primeiros 45 minutos de xogo, nos que o Pontevedra cedeulle as bandas o equipo branquiazul, pero nin Eneko Bóveda, nen Salva Ruíz souberon aproveitalas. Charles marcou aos 26 miutos de xogo pero o seu gol foi anulado por fora de xogo, foi a única acción destacable do primeiro periodo.

Fernando Vázquez puxo de inicio o 1-5-4-1, coa novidade de Gandoy como extremo. Dous rigurosos cartóns nesta primeira metade a Mujaid e a Uche Agbo, fixeron que na segunda metade, o adestrador sacase do campo para evitar un segundo cartón ao nixeriano, dando entrada a Lara, que revolucionou o encontro na derradeira media hora de xogo.

Gandoy pasou a ocupar a posición de Uche e Lara o extremo e comezou a chegar con máis claridade o Depor a posicións adiantadas. O ritmo do encontro trocou e ambos equipos deron un maior entretemento aos afeccioados. Rolan vía porta de novo pasada a hora de xogo. O uruguaio recibiu un pase de Borges polo centro do ataque, abriuse cara á dereita e sacou un disparo que rozou en Xisco Campos, descolocando a Mario e coándose na portería granate.

Poco durou a ledicia, pois 4 minutos despois, tras un saque de porta deportivista e recuperación granate, un centro dende a banda dereita do área deportivista, chegába o balón a Rufo, só o segundo pau e batía a Carlos Abad, deixando o record do porteiro en 569 minutos sen recibir un gol. Mala sorte no gol, tras un centro moi defendible, pero colleu a Eneko Bóveda retrasado, recibindo órdes de Fernando Vázquez  na banda, o que propiciou o desaxuste que deixou a Rufo só a espaldas da zaga.

No treito final quentouse o encontro, e tras un empuxón de Lara a Rufo, Charles foi en tromba contra o sevillano do Depor e o colexiado expulsou a mabos.

Puido levarse os 3 puntos o Depor nun 2 para 1 de Mujaid e Rui Costa, pero errou no pase o central o luso, polo que o encontro acabou con táboas, que foi o máis xusto, tras un encontro máis, que sigueu o guión dos anteriores, cando esperábamos que para ambos fose unha proba de cara a encontros futuros máis importantes, pero quedouse nun empate a nada, que foi 1-1, como puido ser 0-0.

 

 

Pontevedra CF: Mario, Santi Figueroa, Churre, Xisco Campos, Zabaleta, Jorge Fernández (Oier Calvillo, min. 62), Imanol García (Adrián Cruz, min. 62), Borja Martínez, Álex González (Iñaki, min. 83), Rufo e Charles.

RC Deportivo: Carlos Abad, Bóveda, Mujaid, Borja Granero, Álex Bergantiños, Salva Ruiz, Gandoy, Uche Agbo (Lara, min. 57), Borges, Borja Galán (Nacho González, min. 75) e Rolan (Rui Costa, min. 75).

Goles: 0-1 Rolan (min. 65); 1-1 Rufo (min. 69).

Árbitro: González Francés (c. canario). Expulsou con vermella directa a Charles e Lara (min. 81). Cartón amarelo a Uche Agbo (min. 13), Mujaid (min. 41), Imanol García (min. 50), Álex González (min. 79) e Churre (min. 87).

Incidencias: partido da 7ª xornada do Grupo I Subgrupo A da Segunda División B disputado no Estadio de Pasarón con asistencia limitada a 500 espectadores.

 

-Fotos encontro : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia