A CRÓNICA : OVIEDO 2-2 DEPOR : “DE PENOSAMENTE INDEFICIENTES A APROBADOS”.

Remate de chilena de Merino que acabou en gol.

 

Real Oviedo 2-2 Depor

Desastroso primeira metade na que non é que xogaran mal, é que xogaban para eles. Planos totalmente, regalando balóns e ata desaproveitando un penalti “light” cometido sobre Ba. Un Abdoulaye Ba que o fixo todo mal e os goles viñeron de sendas faltas innecesarias que fixo, unha no lateral do área e outra diante do círculo da área e que ademáis foron moi mal defendidas. Ademáis os ovetenses mandaron un balón o poste pola parte de fora. O fío do descanso, cando non se merecía máis co 2-0 que campaba no marcador, Sabin Merino sacouse un golazo de chilena dende o pico do área pequena. Un gol que deu vida o equipo, que na segunda metade ca entrada de Mollejo por Beauveu e de Keko Gontán por Ba, pasou a xogar con defensa de 4 e pronto empatou cun tanto de Peru en boca de gol, tras un centro dende banda esquerda prolongado por Keko.

Foron os mellores intres do Depor que pasou a inclinar o terreo de xogo sobre a porta astur e a rondar a remontada. Os trocos de Çolak e Gaku por Uche, que non o fixo mal, e Aketxe deron frescura o medio campo a hora de non deixar circular o balón os locais, pero a medida perxudicou a hora da creación. Quizais se tivera feito máis se Gaku continuase no campo, xa que con Bergantiños e Uche no centro deixou de ser tan vertical o xogo deportivista, máis pendentes de tapar os erros do primeiro periodo, que xa non existiron.

O final un empate que sabe ben, tendo en conta o desastroso papel da primira metade, pero que é insuficiente ante un rival diretísimo ao que no medio do malo gañámoslle o golaveraxe.

Depor : Dani Giménez, David Simón, Abadoulaye Ba, (Mollejo), Peru Nolaskoain, Mujaid, Salva Ruiz, (Luis Ruíz), Álex Bergantiños, Gaku, (Uche Agbo), Çolak, (Aketxe), Claudio Beauveu, (Gontán), e Sabin Merino.

Goles : 1-0, Ortuño, (26´); Bárcenas, (45´+1´); 2-1, Sabin Merino, (45´+3´); 2-2, Peru Nolaskoain, (59´).

Árbitro: De la Fuente Ramos (Colexio castelán-leonés). Non estivo nada mal. Pitou un penalti “light” dos que raramente se pitan por derribo a Ba nun saque de curruncho e foi moi dialogante cos xogadores por igual. Cartóns amarelos a :  Ba, (min. 44), Tejera (min. 77), Mossa, (min. 82), Crístian Fernández, (min. 90+3), e Keko, (min. 90+3).

 

CLASIFICACIÓN

Próximo encontro 

Depor-Rayo Vallecano

Estadio de Riazor

Sábado 20 Xuño

Hora : 17:30, (15:30 GMT)

 

AVISO IMPORTANTE para os nosos usuarios e tódolos que tedes cotratada a fibra en Muxía con COMENERSOL…Mañán xoves vai a haber un corte ata a tardiña para a mellora e revisión de liñas, polo que www.piratasdemuxia.es non se poderá actualizar con novas noticias ata que se recupere a conexión.

 

-Foto e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.