Numancia 0-1 Depor
Era un rival dos fortes, viña de golear o lider, Cadiz no derradeiro encontro do ano, pero todo trocou ca chegada de Fernando Vázquez, como él decía e dixo : “Temos por diante unha nova liga na que temos que gañar 12 encontros”, e xa se puxo a semente. Troco de sistema, co 1-5-2-2-1, con Mollejo na dianteira.
As novidades deron o seu froito e tras meter medo o equipo numantino no primeiro saque de curruncho aos 3 minutos de xogo, a consistencia defensiva deportivista foi facendo mella e por outra banda metendo medo con lanzamentos de falta lonxanos de Aketxe que fixo lucirse a Dani Barrio, rondando o gol e sembrando o “ui” nas gradas.
Non pasou apuros o equipo deportivista na porta, con Dani Giménez atento aos balóns colgados dos locais, e Mollejo simplificaba un pouco o traballo o ser agredido no área por Guedes, que vía o cartón vermello por unha agresión sobre o madrileño, pitada vía VAR.
Toda a segunda metade para o Numancia cun menos, que se lles simplificou co paso atrás do Depor e a inexistencia de medio campo. Moitos balóns colgados o área en especial con saques de banda prodixiosos de Mateo, que mandaba o balón o centro do área pequena deportivista, pero antre Dani e a defensa fixeron que o temor fose máis de sensacións que de perigo. Un saque de curruncho de Aketxe foi rematado por Eneko Bóveda, o meta Dani Barrio despexa mal e Somma no centro do área pequena só, empurra antre o meta e un defensor en boca de gol.
Saltou o delirio antre o cento de deportivistas que estaban “in situ” nos “Pajaritos”, e antre os que animábamos dende a distanza.
Tocou traballar a reo para aguntar o memorable arreón dos locais, e consiguese.
Faltan 11 vitorias para asegurar unha permanenza que agora está a 4 puntos, e a espera da visita do Racing de Santander, penúltimo, o xoves 16 de Xaneiro ás 19:00 horas, pois a vindeira semana para a liga e o turno é para a Copa, ca visita o Unionista de Salamanca o vindeiro Domingo 12 de Xaneiro ás 12:00 horas, (11:00 GMT).
CD Numancia: Dani Barrio, Calero (Néstor, min. 79), Derik, Castellano, Héctor, Gus Ledes, Vidorreta (Guillermo, min. 65), Curro, Moha (Soa, min. 72), Mateu e Higinio.
Depor: Dani Giménez, Eneko Bóveda (Luis Ruiz, min. 76), Mujaid, Somma, Montero, Salva Ruiz, Álex Bergantiños, Peru, Borja Valle (Longo, min. 85), Aketxe e Mollejo (Borja Galán, min. 76).
Goles: 0-1 Somma (min. 54).
Árbitro: Sagues Oscoz (c. Vasco). Amoestou a Mollejo (min. 34), Bóveda (min. 35), Mateu (min. 64), Curro (min. 67) e expulsou a Gus Ledes (min. 40).
Incidencias: partido da 22ª xornada da 2ª División Española de Fútbol disputado no “Estadio de los Pajaritos”, ante un centenar de espectadores deportivistas.
MANIFETACIÓNS
Michele Somma e Víctor Mollejo
Michele Somma e Víctor Mollejo foron os protagonistas na zona mixta do Estadio dos Pajaritos.
O defensor italiano, autor do gol do triunfo, chanceou ao lembrar que “é a segunda vez que xogo aquí e a segunda vez que marco. Pero o máis importante é gañar para todo o equipo porque necesitabamos os 3 puntos. Estou moi feliz”.
Explica a celebración do tanto, nunha piña todo o equipo no banco deportivista: “Estamos a sufrir todos. Todos queremos saír disto e traballamos todos os días: os 11 que xogan, os que entran, os que están en casa. Todos traballamos todos os días para saír disto. Cando gañamos gañamos todos, non só os que xogan”.
Destacou tamén o feito de non encaixar goles: “Encaixar pouco é importante para gañar os partidos. É o traballo que estamos a facer e toca seguir así”.
Somma confesou sentir inquietude nos minutos finais non só polo fútbol directo do Numancia senón tamén porque “o campo estaba conxelado e alí era moi difícil xogar o balón. Tocaba levantar o balón e de cabeza. Eles facían isto e a tocounos defender”.
Do novo sistema, indicou que “o estamos traballando. Tamén con liña de 4, con 3… Cando un equipo sabe facer máis cousas, é importante para todos”.
Aos Reis Magos, Somma pídelles “saír canto antes desta situación”.
Pola súa banda, Víctor Mollejo, protagonista na expulsión de Gus Ledes, manifestou sobre os asubíos recibidos pola bancada dos Pajaritos que “a min me gusta. Se te pitan é por algo, porque fixeches o teu traballo ben e amolácheslles o partido. Non me preocupa que me piten, mentres sexa para facelo ben para o meu equipo”.
Narra a xogada entre el e Gus Ledes, que acabou con vermella directa para o futbolista soriano: “Eneko dáma, fago o control ben. Dou un toque de máis creo e cometo falta, unha falta máis. Pítase e xa está. O problema é que eu me quedei de pé. O xogador que estaba no chan soltoume unha coz que aínda teño os tacos cravados. Eu estaba moi tranquilo. Os meus compañeiros de equipo estaban nerviosos porque pensaban que me ían a expulsar a min. E eu díxenlle a Álex antes de que fose ao VAR, ‘tranquilo que o van a expulsar a el’. Así foi. Contento por axudar ao equipo pelexando e o que me tocou hoxe, un partido diferente ao que estou afeito. Tamén podo facelo e por tanto contento”.
Subliñou o atacante deportivista, preguntado pola solidez do equipo, que “Fernando desde que chegou aquí tivo claro que estabamos a fallar cousas básicas. Adestramos durante a semana cosas básicas para ser un equipo sólido. Quédanos moito por mellorar. Eu durante a semana díxenlles aos meus compañeiros que o finde iamos gañar. Había boas sensacións. Por tanto contento e feliz de aprender de Fernando. É un home de fútbol e eu con 18 anos aprender del son un privilexiado”.
Confesa que “nunca xogara só arriba. Hoxe demostrei que podo estar máis ou menos acertado pero o traballo fíxeno. Voume contento e demostrei que podo xogar onde me diga o míster”.
Lamentou recibir a 5ª amarela que lle impedirá xogar contra o Real Racing Club en ABANCA-RIAZOR o xoves 16 de xaneiro, pero “creo que esa semana teño selección e xogo o mércores. Era complicado que xogase igualmente. Xa para Cádiz estarei”.
Aos Reis Magos, Mollejo pídelles que “fagan gozar aos deportivistas que levan ano moi difícil. Que gocen, que estean coa familia, que o pasen ben. E nós a seguir traballando que imos para arriba”.
-Foto : rcdeportivo.es
-Texto : piratasdemuxia.es/RC Deportivo
-Vídeo : Canle de YouTube do RC Deportivo
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.