Mirandés 1-0 Depor
Unha primeira metade desastrosa a nivel de ataque, posicionameto e pérdidas, na que os mirandeses fixeron un golazo de falta dende o borde do área, e foron moito mellores, penalizou a un Depor que na segunda metade puxo gañas e meteu o equipo de Miranda del Ebro no seu campo pero non consigueu marcar para a lo menos empatar e depender de si mesmo na derradeira xornada.
Non axudaron os resultados dos equipos implicados na loita pola permanenza dos que tan só perdeu o Numancia. O CD Lugo co seu gol no desconto fixo que acabemos a xornada en descenso e sen depender de nós mesmos para evitar a caida a 2ª B. Dos equipos rivais que sobre o papel se enfrontaban aos nosos rivais só deron a cara o Huesca que derrotou ao Numancia e o propio Mirandés que nos derrotou a nós.
Moi cruda a situación, cunha derradeira xornada en Riazor ante o Fuenlabrada que virá a loitar pola promoción o vindeiro luns a partires das 21:00 horas, (19:00 GMT), (horario unificado), na que dependemos dos demáis e tras unha enorme remontada na segunda volta, desperdiciamos xa duas xornadas para certificar a permanenza e vai ser moi complicado…vai facer falla un miragre.
Depor: Dani Giménez; Bóveda, Mujaid, Bergantiños (Beauvue, min.85), Ba (Valle, min.46), Salva Ruiz (Keko, min.46); Vallejo, Peru (Aketxe, min.46), Gaku, Mollejo; Santos (Sabin, min.46).
Goles: 1-0, min.23: Merquelanz.
Árbitro: Areces Franco, colexio asturiano. A falta que pitou de Bóveda que supuxo o gol, non era falta. Amonestou a Bóveda e Mollejo no Dépor e a Malsa, González, Antonio e González no Mirandés.
ROLSA DE PRENSA FERNANDO VÁZQUEZ
Fernando Vázquez recoñeceu na sala de prensa de Anduva que “a ninguén lle gusta verse así e xogarse todo na última xornada sen depender de ti. Pero temos unha cousa moi clara, temos que gañar o partido e esperar. É o que nos queda. Temos que ir buscar ao Fuenlabrada e tentar gañar o partido. É a mensaxe que hai que dar e que estou a dar”.
O técnico deportivista confesa que o equipo “está decepcionado, triste, amolado” pola derrota ante o CD Mirandés. Subliña que a situación “pesa sobre as cabezas dos xogadores, evidentemente. Perdemos hoxe unha gran oportunidade. Non soubemos empatar o partido ou gañalo. Agora temos que mirar para adiante e ver o obxectivo que nos queda, que é gañar ao Fuenlabrada dentro de dous ou tres días. Hai que levantarse, mirar cara a adiante e tentar gañar ao Fuenlabrada. Todo está claro xa. Non hai outra solución que esta, gañar e esperar ao que pase noutros partidos”, conclúe.
Explica que a formulación inicial do partido en Miranda de Ebro foi “a esperar e contraatacar. Fracasamos na primeira parte. Toda a responsabilidade é do adestrador. Na segunda parte xa fixen catro cambios e o equipo reaccionou positivamente. Por mala fortuna non conseguimos empatar o partido e gañalo”.
Insiste en que após o descanso “creamos bastantes situacións de gol. Xogamos moitísimo tempo na súa área. Non quero dicir que fósemos exquisitos pero na categoría que estamos fixemos un segundo tempo bastante destacable; tendo en conta ao equipo que tiñamos enfronte”.
Pola súa banda, Andoni Iraola, técnico do CD Mirandés, manifestou que “o equipo saíu moi ben. Xogamos unha primeira parte moi, moi boa. Atopámonos cómodos con balón, tivemos bastantes chegadas. A segunda parte foi máis aberta. Eles tiñan que arriscar, nós tivemos contraataques para finiquitarlo e non o fixemos. Ímonos con 3 puntos que nos pon en mellor situación na táboa”.
.
-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es