A CRÓNICA : MÁLAGA 1-0 DEPOR . “DERROTA DUN MALÍSIMO DEPOR CONDICIONADA POR UNHA XOGADA POLÉMICA”.

 

Málaga 1-0 Depor

Derrota con polémica nun mal encontro cunha primeira metade infumable e unha segunda que se veu condicionada por unha xogada clave. Un saque de curruncho a favor do clube deportivista é despexada polo equipo malaguista e a 4 metros do área Luis Muñóz sírvese do brazo para levarse o balón controlado, monta un contragolpe con todo o Depor arriba e marca a pracer Hicham. O colexiado non atende as protestas deportivistas e amósalle cartón a Mollejo que viveu a xogada o completo, xa que o balón sería dél de non levalo co brazo o xogador malaguista. Pasouse do que podería ser un libre direto inmellorable para Aketxe a un gol en contra.

Fernando Vázquez deu saida a Sabin Merino e Chrístian Santos, que tamén vería cartón pouco despois da xogada polémica, así como Mujaid. O Málaga, o mellor equipo defensivamente da categoría que só encaixou gol nun dos derradeiros 7 encontros, fixo o seu traballo e o Depor xogou acelerado, sen cabeza, buscando balóns longos, doados de cortar pola zaga local.

Mal partido dos deportivistas, xogando moito o pé con moitos toques inútles, moita perda de balón polas imprecisións, e sen cabeza no medio do campo. Desta volta os trocos, (xa gastara os 5 no minuto 70 Fernando), non aportaron nada.

Agora só queda esperar a acadar a vitoria que virtualmente falando falta, o vindeiro Domingo 12 de Xullo ante o Extremadura en Riazor a partires das 17:00 horas, (15:00 GMT).

Depor: Dani Giménez; Bóveda (Sabin Merino, min.69), Mujaid, Bergantiños, Montero, David Simón (Santos, min.69); Aketxe, Vicente, Gaku (Valle, min.46)., Çolak (Mollejo, min.58); e Beauvue (Vallejo, min.58).

Goles: 1-0, min.60: Hicham.

Árbitro: López Toca, (colexio cántabro). Mal na xogada da man que foi a poucos metros sua e non debería chagra o gol malaguista. demasiado acelerado nos cartóns, sen deixar falar os xogadores. Amonestou a Gaku, Mollejo, Santos e Mujaid no Dépor e a Benkhemassa no Málaga, que debeu ver algúnha máis se seguise o mesmo criterio e especial con un par de entradas a Vicente Gómez.

O DETALLE : Primeira derrota do equipo deportivista dende que se reanudou a competición. Era o único equipo invicto.

 

ROLDA DE PRENSA

 

PROXIMO ENCONTRO 

Xornada : 40ª

Depor Vs Extremadura

Día : Domingo 12/07/2020

Hora : 17:00, (15:00 GMT)

Campo : Estadio de Riazor

Tv : 

Árbitro : 

VAR : 

 

-Foto e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.