A CRÓNICA : LINENSE 0-0 DEPOR : “MAL PARTIDO, NOVA PORTA A CERO”.

Quiles mandou un balón a madeira.

 

Balompédica Linense 0-0 Depor

Saeu con forza o equipo local, pero foi o Depor o que tivo a primeira e moi clara ocasión. Nun man a man de Lucas co porteiro local, o deportivista estreláballe o balón no corpo. O propio Lucas tivo unha falta o borde do área, tirada a dereita, que mandou lambendo o pau dereito. Eles tiveron unha moi clara con entrada por banda dereita centro o punto de penalti e remate de Omar, que Mackay saca cos pés a ras de campo. O rexeite mándano as nubes. Nada máis que contar dunha primeira metade mala, e na que os locais apretaron a base de balón parado.

Na segunda estivo mellor o Depor, con chegadas, pero sen remate entre os 3 paus. A mellor un centro de Lucas e remate de Quiles o longueiro. Un Quiles que veu cartón e non poderá estar ante o Castilla o vindeiro Domingo 12 de Marzal ás 19:00 hioras, 818:00 GMT), en Riazor, por acumulación de cartóns.

Apretou ata o pitido final o Depor, e meteu aos de Linarexo no seu campo, pero non foron quen de facer gol. Suman así 6 encontros consecutivos sen recibir gol os deportivistas, e quedan na segunda praza a 3 do Alcorcón, lider, xa que o Castilla caía na casa no derbiu madrileño ante o Sanse, (1-2).

RB Linense: De la Calzada, Loren, Jesús Muñoz, Borja, Papa Camara (Delmonte, min. 90+1), Álex Guti, Masllorens, Antonio Romero, João Pedro (Yassin Fekir, min. 71), Omar e Alhassan Koroma (Gerard Oliva, min. 90+1).

Depor : Mackay, Antoñito, Pepe Sánchez, Pablo Martínez, Lebedenko, Rubén Díez, Olabe (Isi Gómez, min. 90+3), Diego Villares (Saverio, min. 67), Quiles (Arturo, min. 86), Lucas e Mario Soriano.

Árbitro: Lax Franco (c. murciano). Cartón amarelo a Pepe Sánchez (min. 57), Quiles (min. 64) e Rubén Díez (min. 90+4).

Incidencias: partido da 26ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio Municipal de La Línea de la Concepción ante uns 3.000 espectadores. Antre eles un cento de deportivistas.

 

-Foto : RC Deportivo

-Vídeo : RFEF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies