A CRÓNICA : GIRONA 3-1 DEPOR : “UNHA PRIMEIRA METADE PATÉTICA IMPIDEU SUMAR NA SEGUNDA E ACABAR COMA SEMPRE”

 

GIRONA 3-1 DEPOR

Tras unha primeira metade do peoriño en moitos anos, que acabou 2-0 a favor dos locais con pleno merecemento, pasouse a unha segunda na que a entrada de Borja Valle no 59 foi explosiva, acurtou distanzas tras unha xogada na que recibe na banda cruza antre rivais o borde do área e marca polo primeiro pau mandándoa polo medio de 4 xogadores rivais.

Deulle ás o Depor o gol e comezou a chegar en cada xogada de ataque. Aketxe tivo o gol nun golpeo de libre direto dos seus dende a parte dereita do ataque deportivista, e con outro que voou o meta local e evitou o gol pola escadra, pero un erro defensivo fixo que o Girona que estaba a sufrir moito matase o encontro no minuto 82. 

Sigue apretando o Depor a pesares do mazazo do gol e tivo o gol cun lanzamento o poste, outro cruzado e un que se encontrou o balón o meta local.

Unha primeira metade do peoriño en moitos anos foi un lastre, para unha segunda na que fixeron méritos para o empate, pero coma nos dous primeiros goles, os erros defensivos déronlle vida a un Girona que vía o conto negro.

Depor : Dani Giménez, Eneko Bóveda, Lampropoulos, Montero, (83´Vicente Moreno), Salva Ruiz, Álex Bergantiños, Peru Nolaskoain, Ager Aketxe, Víctor Mollejo, Samuele Longo, (Crístian Santos, 74´), e Jovanovic, (Borja Valle, 59´).

Goles : 1-0, Borja García, (24´); 2-0, Marc Gual, (38´); 2-1, Borja Valle, (66´); 3-1, Stuani, (83´).

 

MANIFESTACIÓNS

Lampropoulos pedía perdón polo erro no 3º gol do Girona : “O terceiro gol é culpa miña. Quero pedir perdón aos afeccionados, compañeiros e adestrador. E quero pedir un favor aos afeccionados, que estean connosco o próximo partido. Necesitámolos”, dixo o central grego dando a cara.

Borja Valle : “Fannos goles tras erros infantís. Esta categoría é moi difícil, súmaslle o mal inicio e os goles despois de erros infantís, e iso condénache”.

Montero : “Cando se erra é culpa de todos. Somos un equipo e non é culpa dun só”.

Anquela : “A confianza demostráronma máis que sobradamente. Teño a mesma forza do primeiro día. Sei as carencias, se o que hai que facer, seguir traballando, pelexar e tranquilizar á xente. Nesta situación é difícil xogar ao fútbol”.

-Texto : redacción piratasdemuxia.es

-Foto : RC Deportivo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.