A CRÓNICA : FUENLABRADA 2-1 DEPOR : “DERROTA SURREALISTA”.

Mella xogou con máscara protectora.

 

Fuenlabrada 2-1 Depor

Primeira derrota da tempada inxusta, cruel e surrealista. Nin o máis optimista dos siareiros do Fuenlabrada creería nunha vitoria do seu equipo vendo o desenrrolo do encontro.

O Depor puido irse a caseta co encontro máis ca solucionado pola gran cantidade de ocasións e chegadas perigosas que tivo dende o inicio do encontro. Ademáis o equipo madrileño tiña que ter xogado cun menos dende o minuto 6 cando o seu zagueiro Lama derribaba a Lucas cando ía de cara a porta cun craro agarrón polo pescozo sendo o último home. De maneira incomprensible amosoulle cartón amarelo. 

Valcarce facía un minuto despois o 0-1 tras unha prolongación de Villares no segundo pau. Os primeiro 18 minutos do Depor foron de continuo ataque sobre a porta rival e con ocasións de tódalas cores, pero o balón está negado a entrar. Balenciaga sufreu un pinchazo nos derradeiros minutos da primeira metade e tivo que ser cambiado. Debutou como lateral esquerdo Barcia.

Na segunda metade entraba Mella, con máscara protectora e gozou dun par de boas ocasións. O segundo acto non foi coma o primeiro e o equipo fuenlabreño tivo máis presenza pero sen causar perigo, agás dous tiros as mans de Parreño e unha boa ocasión baixo paus que non remataron ben. De novo mala nova para os nsoso pois Pablo Martínez tiña que sair tras sufrir un pinchazo na perna.

Tivo varias o Depor para matar o partido pero esto non chegou, e si chegou un desconto final surrealista. No 93 un centro o segundo pau dende a banda dereita é devolto o área e Sergio Benito fai o 1-1. O Depor vaise arriba con todo arriba e consigue un saque de curruncho, tras varios remates no área coma se dun fronton se tratase recuperan o balón, cólgano en logo e na contra Sergio Benito plántase ante Parreño e báteo por baixo. Inxusta derrota que nos deixa con 7 puntos de 18 posibles e a 9 do lider Nástic de Tarragona.

CF Fuenlabrada: Belman, Sotillos, Lama, Alba, Barbosa, Benítez (Durán, min. 83), Galindo, Fer Ruíz, Bravo (Cristóbal, min. 54), Dani Nieto (Gómez, min. 54) e Ilies (Sergio Benito, min. 54).

Depor: Germán, Paris Adot, Pablo Vázquez, Pablo Martínez (Jaime, min. 54), Balenziaga (Dani Barcia, min. 46), Diego Villares, Jose Ángel, Pablo Valcarce (Cayarga, min. 84), Hugo Rama (Salva Sevilla, min. 71), Davo (Mella, min. 46) e Lucas.

Goles: 0-1 Pablo Valcarce (min. 8); 1-1 Sergio Benito (min. 90+3); 2-1 Sergio Benito (min. 90+5).

Árbitro: Alexandre Alemán Pérez (c. canario). Expulsou ao preparador físico do CF Fuenlabrada, Raúl Muñoz (min. 90+1). Cartón amarelo a Lama (min. 6), Sotillos (min. 63), o segundo adestrador deportivista Mario Gibanel (min. 74), Fer Ruiz (min. 90+1), Cristóbal (min. 90+4), Dani Barcia (min. 90+5) e Lucas (tras finalizar o partido).

Incidencias: partido da 6ª xornada do grupo 1 de Primera Federación disputado no estadio Fernando Torres. A pesares de non dar entradas para a afección deportivista si houbo un grupo nun dos vértices do campo, afeccionados das peñas madrileñas do Depor.

 

https://www.youtube.com/watch?v=g61jHj51VMY&ab_channel=RealFederaci%C3%B3nEspa%C3%B1olaF%C3%BAtbol

-Foto : RC Deportivo

-Vídeo : RFEF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies