A CRÓNICA : FUENLABRADA 1-1 DEPOR : “ENCONTRO DE CERO A CERO”

 

Fuenlabrada 1-1 Depor

Non deu para máis. Pensar que o Fuenlabrada está terceiro e que hoxe se podía poñer segundo é un antagonismo. Un equipo que non da sinais de nada de nada, que se ve coma un equipo que no seu campo aproveita as vicisitudes, do mesmo e do xogo, pero é que o Depor tampouco amosou nada, nen para estar tan lonxe do equipo madrileño, nen para estar máis arriba de onde está. 

O gol dos madrileños vrn tras quedar cun menos o Depor o quedar cun home menos o ter que sair Montero tras manchar a camiseta de sangue, despois dun choque cun compañeiro. O Depor empatdou tras unha semi-bolea de Koné, que nen buscaba o gol. Dedpois non houbo nada máis. Nen por parte de uns, nen dos outros. Loita e xogo rudo. Empate xusto, pero o máis xusto sería sen goles, pois non mereceron o gol, nen uns, nen os outros, e chegron en xogadas ailladas.

Depor: Dani Giménez, Bóveda, Lampropoulos, Montero, Salva Ruiz, Álex Bergantiños, Peru Nolaskoain, Jovanović (Borja Galán, min. 79), Koné, Borja Valle (Mollejo, min. 62) e Longo (Christian Santos, min. 56).

Goles: 1-0 Hugo Fraile (min. 26); 1-1 Koné (min. 57).

Árbitro: Vicandi Garrido (c. vasco). Cartón amarelo a Bóveda (min. 65), Christian Santos (min. 66), Mollejo (min. 90) e Glauder (min. 90+3).

Incidencias: partido da 14ª xornada da  Segunda División disputado no Estadio Fernando Torres ante 5.083 espectadores, 400 deles deportivistas de 23 peñas.

 

MANIFESTACIÓNS

LUIS CÉSAR

 

ENEKO BÓVEDA

tamos con certas urxencias e cunha clasificación que se fai moi feo ver. E non saímos. É máis malo que bo neste sentido”.

En canto ao que foi o partido, “xogouse ao que eles xogan e ao que nós viñamos preparados para xogar. O que se adecuaba mellor ao segundo balón, ía saír vitorioso. O vento mesmo influíu no partido da primeira parte á segunda. En todo o que foi un xogo directo, onde principalmente houbo xogo longo e despexes, na primeira parte foron claramente mellores; e na segunda fomos lixeiramente superiores”.

Recoñece que ao equipo cústalle xerar xogo ofensivo: “Estivemos defensivamente correctos, había moitas disputas pero xeraron poucas ocasións. Pero nós á hora de ter a pausa, a calidade técnica para propor, para xerarlles problemas, non estivemos nada finos. Iso fixo que houbese tan pouco xogo”.

Segundo Eneko, “estamos nun camiño de crecemento con moitas urxencias. Xúntase un período de adaptación e consolidación das ideas do míster cunhas urxencias clasificatorias e falta de confianza que se ve no campo. Despois de 2 partidos onde primou máis o xogo directo, a disputa, a loita, agora vén un partido que será diferente en ABANCA-RIAZOR polo que son eles e polo que adoitan ser os partidos no estadio. Tócanos estar máis finos co balón e que o balón non sexa o noso inimigo”.

O defensor deportivista non esquece que pese ao momento desta tarde “estamos últimos, estamos moi mal. O Fuenlabrada vai moi ben na clasificación e nós pelexamos contra eles. Mortos non estamos. Non imos tirar foguetes polo que fixemos hoxe pero saber que nós temos capacidade para competir esta liga que seguramente nalgún momento dubidouse disto. E a partir de aí con toda a humildade do mundo tomarnos o partido do Elxe como un partido vital. Iremos con todo desde o luns a preparalo”.

Opina que é inquietante non o feito de non gañar aínda con Luis César no banco senón “non gañar, á marxe de quen sexa o adestrador. Sempre está ese efecto, esa ilusión de que cambias algo e imos agarrarnos a este cambio. Nós estamos contentos co adestrador, el está a facer todo o posible para saír disto. En última instancia somos nós os que saímos ao campo e os que temos que dar o do de peito. Pensar o mínimo quen está no banco. Obedecer, seguir a súa corrente e dalo todo no campo”.

Está convencido de que o triunfo “chegará. Pero teñen que chegar moitas vitorias. É posible que noutra situación os 2 últimos partidos, eses 2 empates non fosen tan grises como o que son agora. Non deixan de ser pasos demasiado curtos para saír de aí. Isto é o que hai. O que pasou até agora é o que é. O que está claro que estas 12 xornadas son moi malas e queres falar o mínimo posible disto”.

 

MAMADOU KONÉ

Pola súa banda, Koné, autor do tanto do empate, conta que nesa acción “Christian Santos puxo un balón entre a defensa e o porteiro. O balón deu un bote raro. Cando vin que o defensa non viña aproveitei para tocala coa punteira”.

Admite que até esa acción o equipo “apenas creara perigo na área contraria porque o partido se nos puxo pronto costa arriba. Cremos e loitamos até o final. Agora tócanos facer estes 2 últimos partidos bos gañando o domingo”.

Precisamente o dianteiro africano ve ante o Elche CF o vindeiro domingo 10 de novembro (12:00, Movistar A liga) “unha boa oportunidade para cambiar esa dinámica”.

Confesa que no vestiario o ánimo “está arriba porque volvemos a empatar aquí nun campo difícil onde poucos equipos puideron puntuar. Imos facer estes puntos bos en ABANCA-RIAZOR o domingo”. “É un momento complicado porque moitos de nós non viviron esta situación. Hai que levantar o ánimo”, subliña.

Finalmente, conclúe Koné que se vai satisfeito de Fuenlabrada porque “a dinámica que levamos é moi mala. Sacar 1 punto aquí sábenos a vitoria. Imos tentar facelo todo para gañar ante o Elxe”.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”-piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.