A CRÓNICA : FERROL 1-0 DEPOR : UN ERRO DEFENSIVO E A INEFICACIA DE CARA A PORTA CONDENAN O DEPOR

 

Ferrol 1-0 Depor

Saeu forte o equipo ferrolán con presión adiantada e facendo dufrir a Mujaid por banda dereita deportivista. Un cuarto de hora no que o Depor non foi quen de sacarse o dominio dos locais. A partires de aí foise repregando o equipo branquiazul e tivo ocasións para deixar encarrilado o encontro antes do descanso, pero a este equipo fáltalle o gol e calquer equipo que faga un, chégalle para puntuar.

Forte disparo de Héctor, tras pase de Rayco, que na cepa do pau o meta ferrolá Diego Rivas mandaba a saque de curruncho. Na seguinte xogada, Uche remataba de testa picado e Rivas sacaba con apuros de novo a corner. Pouco despois Raí quedábase só de cara a porta con todo para marcar pero a asistente que cubría o ataque deportivista sinalaba un inexistente fora de xogo. O propio Raí tivo unha ocasión inmellorable a centro desde a banda de Bóveda, pero o seu remate petou na perna de Quintana evitando o gol. Ante as ocasións deportivistas aflorou o fútbol duro e con numerosos cortes no xogo. Con ista bagaxe os locais escapábanse a vestiarios vivos.

A segunda metade comezou como acabou a primeira con moitas faltas e cortes no xogo. Orendíanselle as luces os ferroláns cando se adiantaban no marcador por medio de Caballé ao aproveitar un erro de marcaxe nun balón colgado no área dende a parte dereita depoetivista ao segundo pau no que o xogador local se atopaba libre de marca para batir a Lucho García de tiro cruzado.

A partires do gol o Depor tentouno pero surtiu efecto o plan dos ferrolás, máis atentos a toda clase de perdas de tempo e de evitar a continuidade no xogo. Tivo unha boa entrada en área Rayco, pero durmiuse cando debía disparar a porta e Beauvue que entrara poplo canario fixo lucirse a Diego Rivas cun forte testarazo. O propio Beauvue foille pitada unha falta o borde do área sobre Rivas, que saeu con todo e se dalguén houbo falta foi dél, pero o colexiado pitou a favor do meta.

Non chegou o gol e unha vez máis a falla de definición condenou a un Depor que gastou a sua derradeira bala de meterse na fase de ascenso, e entra de cheo na loita por aguantar a categoría.

Ferrol : Diego Rivas, Seoane, Pumar, Jon García (Jeferson Quintana min. 20), Quique Fornos, Álex López (Juan Viacava, min. 66), Elsinho, Peñaloza, David Rodríguez (Dani Nieto, min. 61), Pep Caballé e Joselu

Depor : Lucho García, Bóveda, Granero, Mujaid, Héctor, Agbo, Borges (Keko, min. 63), Villares, Raí, Lara (Borja Galán, min. 63) e Rayco (Claudio, min. 73)

Goles: 1-0 Pep Caballé (min. 58)

Árbitro: Pardeiro Puente (c. cántabro). Amonestó a Mujaid (min. 28), Jeferson Quintana (min. 36), David Rodríguez (min. 54), Seoane (min. 72), Borja Galán (min. 81), Joselu (min. 90).

Incidencias: partido da 15ª xornada da Segunda División B, Grupo 1-A, disputado no Estadio de A Malata a porta pechada.

Vergoñentos os comentarios sempre a favor do Ferrol por parte de Iago Iglesias na TVG2,obviando as ocasións deportivistas, a fora de xogo, os contínuos cortes en falta e as perdas de tempo, etc.

 

MANIFESTACIÓNS

 

 

 

 

-Foto e Vídeos : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia