A CRÓNICA : FERROL 0-0 DEPOR : “DE UN PENALTI NON PITADO, A UN “LIGHT” MARCADO E INEXPLICABLEMENTE ANULADO”

 

Ferrol 0-0 Depor

Máis tensión que outra cousa, máis ritmo que ocasións, máis chegadas que remates, e un penalti sobre Jaime nun saque dende ao curruncho da bandeira, a un “light” de Bergantiños, que erra o xogador ferrolán Nieto, mandando o longueiro e o dianteiro Nieto marca no rexeite de cabeza. Que veu o colexiado para anular o gol?…que saeu adiantado aos demáis para chegar o segundo pau, vindo dende o lado contrario…que se apoiou en Jaime para rematar…Só él o sabe. Para nós gol legal, a vista das imaxes de televisión, que por certo foron moi malas.

No resto do encontro, os dous mellores remates a porta foron dos ferroláns, e os dous na primeira metade. O Depor tivo chegadas moi perigosas e chegou o fondo da área moitas veces, cruzando balóns sen rematador, e sobre todo dispuxo dunha cantidade enorme de xogadas a balon parado, en especial saques de curruncho, (10), pero sen chegar a rematar ningún antre os 3 paus, algo que tería que mirar, e moito, Borja Jiménez.

Reparto de puntos xusto, nun encontro no que houbo máis emoción e ritmo de xogo que outra cousa.

O final os deportivistas foron cáseque a metade do estadio da Malata, que leva anos esperando a que lle reparen as deficiencias estructurais que lle impiden que poda haber afeccionados en todo o estadio. Entrada extraordinaria para o que se acostuma neste campo que non chega a metade do que tivo neste encontro de rivalidade, e que podería ter máis e non fose polo “atraco” no prezo das entradas, pois se xa 20 euros é unha animalada para a categoría, e máis nun estadio con deficienzas, máis é que para o resto do campo, para a afección visitante, (antes de sacar as dos visitantes fixéronlle un “Black Friday” os locasi), que lle pediran 40 e 35 euros, cousa que non se pagaba en Riazor nen en Champons.

Neste encontro o Depor perde a Jaime para o próximo encontro por acumulación de cartóns.

Un milleiro de deportivistas estiveron no estadio da Malata e moitos máis fora en protesta polos prezos das entradas.

 

Depor : Ian Mackay, Victor García, Jaime, Lapeña, Héctor Hernández, Bergantiños, Villares, (Yeremay), Juerguen, (Rafa de Vicente), William de Camargo, (Soriano), Quiles e Miku, (Noel).

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies