A CRÓNICA : ELXE 0-1 DEPOR : “VITORIA EXTRAORDINARIA PARA ESPANTAR MEIGALLOS”.

Gol de Hugo Vallejo.

 

Elxe 0-1 Depor

Vitoria necesaria a vez que incrible a que acadaron os rapaces de Fernando Vázquez no Martínez Valero anteun dos mellores conxuntos da liga. O de Castrofeito deu leccións de táctica ante a adversidade. Saeu o primeiro co típico 1-5-3-2, esperando atrás e cedéndolle o balón ao Elxe, máis gustoso do contrataque que de levar o peso do encontro, pero todo se trastocou pasada a media hora de xogo trala pausa de hidratación. Gaku autoexpulsábase cunha dura entrada, innecesaria, acadando a segunda expulsión da sua carreira, (a primeira foi na primeira volta co Depor tamén). Tocaba sufrir e pedir : “Virxenciña que me quede como estou”. Non pasou apuros o Depor ata o final da primeira metade, cun Álex Bergantiños no centro da defensa de 5, incomnmesurable.

Xa na segunda metade o Elxe sumou atacantes e abandonou a defensa de 5, pero abusando dos centros longos o área facía que o Depor se sentise cómodo. O Depor sigueu ca defensa de 5 e con Uche de lider no medio do campo, (partidazo de novo), e con Sabin Merino loitando só arriba, xa que Borja Valle axudaba en tareas defensivas e de presión. Non así Vicente que floxeaba no medio campo. 

Golpe mestre de Fernando Vázquez aos 10 minutos da reanudación ca entrada de David Simón para coller o carril esquerdo habida conta que Luis Ruiz, que foi tirular pola lesión de Salva Ruiz, estaba con cartón dende a primeira metade, e 3 minutos despois as entradas de Hugo Vallejo e Mollejo, por Boja Valle e Vicnte Gómez. Cun home menos e dinamita ofensiva o campo que fixo que o encontro troase e pouco despois nunha recuperación de Vallejo no borde do área, apoiase en Eneko Bóvda que busca cun pase longo a Sabin Merino pegado a banda a tres cuartos de campo, baixa o balón e atopa a galopada de Mollejo por banda que gaña liña de fondo e pon un centro perfecto para Hugo Vallejo que remata de testa picado ao fondo das mallas.

Saltou a ledicia e pouco despois Aketxe por Sabin Merin

o. Declaración de intencións. O equipo loitando en defensa e rapidéz arriba para as contras. Puido empatar o Elxe cun remate de Josema escorado e mandando a escadra, onde apareceu a mal milagreira de Dani Giménez, que estivo moi atento todo encontro e saindo moi ben a interceptar remates.

Puido chegar o segundo, pero unha vez Hugo Vallejo que se topou a bocaxarro cun paradón de Badía, despois Uche, que se topou co corte providencial de Josema en boca de gol e finalmente David Simón que cn todo para marcar mandouna fora, puideron adornar unha extraordinaria vitoria.

Un ano despois da fatídica “Noite de San Xoan” en Mallorca que nos privou do ascenso, o Depor recuperou a sua consistencia en defensa e a entrega dos xogadores do miuto 1 o noventa e tantos, xa que os encontros da “Liga-negocio”, duran unha eternidade e desta volta sufrindo pero “bendito sufrimento”.

 

Depor: Dani Giménez, Bóveda, Mujaid, Álex Bergantiños, Montero, Luis Ruiz (David Simón, min. 55), Gaku Shibasaki, Uche Agbo, Vicente Gómez (Mollejo, min. 58), Borja Valle (Hugo Vallejo, min. 58) y Sabin Merino (Aketxe, min. 66).

Gol: 0-1 Hugo Vallejo (min. 65).

Árbitro: Arcediano Monescillo (c. castellano-manchego). Estivo correcto na expulsión de Gaku (min. 32) e por dobre amarela a Tekio (min. 78). Cartón amarelo a Luis Ruiz (min. 35), Manu Sánchez (min. 37), Tekio (min. 54) e Fidel (min. 74).

 

MANIFESTACIÓNS

FERNANDO VÁZQUEZ e PACHETA

 

FERNANDO VÁZQUEZ

Fernando Vázquez subliñou na sala de prensa do Estadio Martínez Valero que o desta tarde ante o Elche CF “era o partido que necesitabamos. Necesitabamos unha vitoria xa e conseguímola cun comportamento grupal dos que estaban no terreo de xogo e na bancada impresionante; cunha simbiose tremenda entre banco e equipo. En circunstancias complicadas ante un equipo con calidade, por iso está onde está; sufrindo moito conseguimos unha vitoria que espero que nos dea moita vida”.

O técnico deportivista explica así o partido: “Partimos dunha idea diferente ao que estabamos a facer despois do confinamento, de ser un pouco máis protagonistas. Concedemos un pouco a iniciativa ao rival. Este (o Elche CF) é un equipo que transita moi rapidamente, con xogadores de moitísima calidade, que desbordan fácil. Non os queriamos deixar correr. Sacamos de inicio un equipo diferente, con menos velocidade da que tiña no banco, esperando un pouco que pasase o tempo e que eses cambios de xente con máis velocidade saíse máis tarde. Loxicamente non esperaba a expulsión de Gaku. As solucións que puiden achegar desde o banco serían moi diferentes”.

Engade que o Elxe é un equipo que “estaba a pelexar polo playoff e necesitaba gañarnos. Entón decidín sacar velocidade no mediocampo, tanto Mollejo como Hugo; e colocar a Aketxe nesa liña de 4 e coa posibilidade de saír el xogando. Así Hugo e Mollejo tivesen a posibilidade de saír xogando. Xogar sen punta. As cousas saíron ben, metemos un gol e nos últimos minutos a precipitación do Elche CF deunos espazos e tivemos posibilidades de matar o partido”.

En canto ás consecuencias deste triunfo, Fernando Vázquez insiste en que “unha vitoria che axuda a conseguir a seguinte” aínda que recoñeceu que “ao equipo fáltalle un pouco de tranquilidade, que se vexa un pouco fóra das posicións de perigo e así seguro que xogará mellor”.

 

ÁLEX BERGANTIÑOS

Álex Bergantiños, capitán do Deportivo onte no Estadio Martínez Valero, subliñou na zona mixta do recinto ilicitano que se atopou “ben” na súa posición no centro da zaga: “Facía tempo que non xogaba aí pero non me é unha posición descoñecida. Toda a miña etapa de canteira fun central e na anterior etapa de Fernando Vázquez xoguei bastante nesta posición. Estiven arroupado por Mujaid e Montero, que fixo un gran partido, ante o acoso do Elche e os centros que sufrimos. Estivemos bastante sólidos”.

O mediocentro coruñés apunta que “o partido se nos complica moito coa expulsión; pero o equipo saíu convencido de volver ser sólido, de non conceder. Tanto con 11 como con 10 soubo sufrir. Sabiamos que o partido podería ir cambiando. Con este escenario que temos, con partidos cada 3 días, con calor como o que facía aquí, con 5 cambios na segunda parte, os partidos cambian moito e sabiamos que teriamos a nosa oportunidade. Por sorte tivemos a ocasión de collelos á contra e poder gañarlles o partido”.

De feito, segundo subliña, “cando tes adversidades reforza moito máis (o triunfo). A maioría do cadro, co que viviu este ano, 18 partidos sen gañar, e os que estamos do ano pasado que quedamos a 1 gol de Primeira División, é duro mentalmente. A base do que nos sacou de aquí cando chegou Fernando Vázquez foi esa solidez e ese bloque. Agora é máis importante que nunca nesta competición exprés, con partidos cada 3 días. Necesitamos a todo o cadro. Percibiuse que todo o mundo estaba implicado, os compañeiros da bancada estiveron metidos 100 %. Ante as adversidades, ante a expulsión, o equipo reafirmouse nese traballo colectivo. Así somos máis fortes e podemos competir mellor os partidos”.

Confía en que esta vitoria sexa un punto de inflexión: “O equipo viña empatando moitos partidos. Esta vitoria multiplica todo o que fixemos até agora e sen conceder gol en contra. Temos que retomar esa solidez que nos fixo saír desa situación crítica que tiñamos en Nadal. Pode ser unha mostra do camiño que temos que seguir para conseguir a salvación. Pero nunca sabes. Nesta categoría hai moita igualdade e son pequenos detalles”.

Álex opina que tralo confinamento, “empezamos cunha idea de tentar presionar máis, ser máis protagonistas. É certo que nos fixo remontar partidos como Oviedo ou Rayo; pero tamén nos volve un pouco máis imprevisibles e vulnerables. Hoxe apostamos máis polo que nos sacou da situación crítica, por esa solidez, estar xuntos, acumular xente para ir crecendo. Daquela a expulsión cambia todo o escenario. É un punto de partida para tentar volver crecer. Os partidos antes do parón o equipo estaba a crecer con balón desde esa solidez. O equipo ten bases para a partir de aí recuperar esas boas sensacións”.

A nivel individual, o futbolista branquiazul lembra que de mediocentro “xoguei moitos partidos durante o ano. O outro día contra o Raio quizais non estiven tan cómodo. Pero cada partido é moi distinto. É unha posición (a de central) que non me é estraña. Sempre me formei como xogador nesa posición, coñézoa ben e tentei estar o máis concentrado posible”.

 

 

VÍDEO RESUMO

 

 

 

-Foto, Vídeo e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es

-Vídeo resumo : LaLiga Smartbank

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.