A CRÓNICA, (E NOVAS BREVES) : DEPOR 1-1 TENERIFE : “OS PEIXES NOS CHICOTES”

Lampropoulos choraba o final do choque pola tensión acumulada.

 

DEPOR 2-1 TENERIFE

Di unha frase do argot mariñeiro que “o peixe está nos chicotes” cando nada máis comezar a levantar o aparello colles un bo peixe ou marisco, pensas que vai ser un bo día e logo no resto do aparello nen racha, para cando se acaba o aparello coller outro bo peixe ou marisco, polo tanto estaban nos tramos finais, (nos chicotes).

O Depor pasoulle tres cuartos do mesmo, gañou o primeiro encontro da primeira volta e o derradeiro, e ademáis ambos o pouco de haberlles empatado o rival. Fixo unha primeira metade o equipo deportivista moi boa na que afogou ao Tenerife, (e non con auga), con presión alta e chegando o área constantemente e creando ocasións de gol. A máis crara aos 12 minutos de xogo cando por fin o VAR dábanos un penalti, desta volta por unha man enriba da liña do área. Aketxe lanzou tentando enganar co xesto no disparo pero o ex deportivista Ortolá adiviñou o lanzamento e parouno. Envalentonou o erro os deportivista que se fixeron donos absolutos do choque e nunha entrada por banda dereita de Koné, este metíalle un centro preciso a Chrístian Santos, que en plancha marcaba de testarazo impecable. Chegaba o merecido 1-0 e o equipo non se conformaba, pero non se movería o marcador nunha primeira metade na que lle deron un baño, (e non de auga), aos canarios.

Todo trocou na segunda metade, o equipo pagou o esforzo da primeira metade e os dous encontros en 72 horas, en dous campos pesados, e os tinerfeños comezaron a facerse co encontro e a crear ocasións moi perigosas, nas que apareceu o mellor Dani Giménez que voou en máis de unha ocasión para sacar balóns de gol. A máis crara un balón o longueiro de Dani Gómez.

Todo quedaba para o final pois de novo o VAR actuaba e cazaba a Montero que cometía unha man “infantil” no área para despexar un balón. Penalti e gol de Santana, que celebraba airosamente.

Todo quedaba para o final e cumplíanse as profecías de Peru Nolaskoain e de Luis César, ambos pronosticaban un gol. O vasco decíalle aos seus compañeiros esta semana que ía a marcar, (desvelábao tralo choque Dani Giménez), e o técnico que ían a marcar a balón parado, (primeiro da tempada), e así foi.

Tres puntos ante un rival direto, que marca a permanencia e que fai que equipo e afección se vaian as festas do Nadal cunha alegría.

A asistencia a Riazor foi a peor que se recorda en décadas, (8.457 afeccionados), pero en contra do que poñen algúns medios coruñeses, antideportivistas, que visten pel de ovella enriba dos lobos que son. Houbo moitos condicionantes. Primeiro o temporal que azota Galicia, e segundo a dúbida ata derradeira hora. Hai que ter en conta que máis da metade dos socios do RC Deportivo somos de fora da Coruña, e en especial a xente maior, ou nenos, cos condicionantes que expoñemos é moi normal que se retraia de ir e por enriba un encontro televisado en aberto.

Este con toda probabilidade sexa o derradeiro encontro de Luis César no banquillo deportivista nesta xeira, xa que todo apunta a volta de Fernando Vázquez, pero hai que agradecerlle todo o seu traballo tanto no terreo de xogo coma no psicolóxico, pois tivo que lidiar cunha plantilla mal confeccionada, en especial na dianteira, onde somos do peor de Europa, con tan só 17 goles en 21 encontros, e deles antre os 3 dianteiros tan só 6 antre os 3 dianteiros, Koné, (3), Chrístian Santos, (3) e Samuele Longo, (0).

Depor : Dani Giménez, Bóveda, Lampropoulos, Montero, Salva Ruiz (Luis Ruiz, min. 73), Aketxe, Peru Nolaskoain, Vicente Gómez, Mollejo (Álex Bergantiños, min. 83), Koné (Jovanović, min. 66) e Chrístian Santos.

CD Tenerife : Ortolá, Luis Pérez, Carlos Ruiz, Alberto, Álex Muñoz, Luis Milla, Aitor Sanz, José Naranjo (Dani Gómez, min. 46), Javi Alonso (Elliot, min. 62), Bermejo e Malbašić (Suso Santana, min. 77).

Goles: 1-0 Chrístian Santos (min. 21); 1-1 Suso Santana, de penalti (min. 89); 2-1 Peru Nolaskoain (min. 90+5).

Árbitro: Vicandi Garrido (c. vasco). Cartón amarelo a Christian Santos (min. 42), Lampropoulos (min. 62), Luis Pérez (min. 73), Vicente Gómez (min. 82) e Montero (min. 90+2).

MANIFESTACIÓNS

 

 

 

 

RESUMO DO ENCONTRO

 

-NOVAS BREVES-

 

 

A SOCIA MÁIS ANTIGA DO DEPOR FOI HOMENAXEADA

Josefa Armesto Rey, a socia máis antiga do Depor con número 14 e abonada o clube dende fai máis de 70 anos foi homenaxeada en Riazor. Baixou o terreo de xogo a recibir o aplauso da afección do brazo do mítico Donato.

 

O EQUIPO VOLTA O 28 DE NADAL OS ADESTRAMENTOS

Tal e como nos informan dende o RC Deportivo, o equipo volta aos adestramentos o vindeiro 28 de Nadal, para comezar a preparar o encontro en Soria ante o Numancia do día 5 de Xaneiro do 2020 ás 12:00 horas no “Los Pajaritos”, encontro que supón o comezo da segunda volta e para o que se esperan sorpresas, tanto no banquillo coma na plantilla.

 

O UNIONISTA RIVAL NA COPA DO REI

O Unionistas de Salamanca CF será o rival do RC Deportivo na segunda rolda da Copa do Rei, tralo sorteo efectuado este mediodía no Salón Luis Aragonés da sede da Real Federación Española de Fútbol na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

A eliminatoria, a partido único como se disputará toda a Copa do Rei esta campaña, xogarase o sábado 11 ou domingo 12 de xaneiro, nunha fin de semana no que non haberá campionato ligueiro ao disputarse a Supercopa de España.

O conxunto salmantino ven de eliminar ao Atlético Balear, (0-1), na anterior rolda. Em pretempada o Depor derrotou por 1-0 aos de Salamanca cun tanto de Chrístian Santos no torneo das festas de Luarca, (Asturias).

 

SUSPENDIDO O ENCONTRO DO EQUIPO FEMININO

A Real Federación Española de Fútbol comunicou esta tarde ao Club a suspensión do encontro da Primeira Iberdrola entre o Deportivo ABANCA e a Real Sociedad, previsto en principio para mañá sábado 21 de decembro en Abegondo.

O ente federativo apóiase na alerta metereológica por temporal de vento, (espéranse refachos de máis de 130 Kms/h), e choiva emitida pola Xunta de Galicia, que obrigou tamén á Federación Galega a suspender todos os partidos de fútbol 11 e fútbol 8 na comunidade, como xa vos informamos.

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.