A CRÓNICA : DUX INTERNACIONAL 2-3 DEPOR : “O DEPOR VENCE O DUX, O CAMPO E O ÁRBITRO”.

De Camargo marcou un auténtico golazo.

 

DUX Internacional 2-3 Depor

Victoria de campión a que acadou o Depor no Municipal de Villaviciosa de Odón, no que se adiantou cun tanto de Noel, tras gran xogada de Héctor Hernández e Soriano na banda esquerda, pero que veu como lle empataban o fío do descanso, cun gol no que Mackaay non podía facer nada o bater o balónnun contrario e desviarlle a traxectoria do balón.

A segunda metade comezou mal, e con ela o “show” arbitral. Nun balón na banda mandado en profundidade e desviado por un deportivista, o liña levanta a bandeira e a zaga queda parada, o colexiado non pita fora de xogo, e os madrileños aproveitan para facer o segundo e meterse por diante no marcador. 

Esto encoraxinou o Depor que pouco despois empataba nunha xogada culminada polos centrais, Lapeña devolvía na liña de fondo un balón con marchamos de gol, e Granero, que entrara no minuto 15 por lesión de Trigueros, (outra vez en campo de plástico), facía o empate. 

No quixo o colexiado sinalar penalti nun cobadazo no área e unha zancadilla a De Camargo, e abreu a tapa do tarro das tarxetas, amosando ata 5 na segunda metade, unha delas a Miku, nunha falta mínima, que lle impedirá xogar o mércores ante o Zamora, (20:00 horas/19:00 GMT.

Non se enrrugou o Depor e acadaba o gol da vitoria no 91, cun tremendo golazo de William de Camargo, ao máis puro estilo Bruno Gama, entrando pola banda esquerda driblando, para dende o vértice do área mandar o balón o segundo pau, e levantar a euforia no milleiro de deportivistas desprazados o campo madrileño.

Vitoria de equipo campión, xogando contra un DUX que loitou e presionou cun fútbol moi físico, ante un campo, pequeno e de plástico e ante un árbitro que deixou moito que desexar, e que complicou o encontro.

DUX Internacional de Madrid: Yelco Ramos, Herrero, Montoro, Bonaldo, Mancebo (Alberto Gil, min. 90), Reguera (Álvaro Montero, min. 79), David Barral (Zambraro, min. 79), Rubén Ramos, Álvaro Martín (Pitu, min. 64), Blázquez e Moyano.

Depor: Mackay, Víctor García, Lapeña, Pablo Trigueros (Borja Granero, min. 15), Héctor Hernández, Álex Bergantiños, Diego Villares, Juergen, Mario Soriano (Álvaro Rey, min. 61), Noel (William, min. 78) e Miku.

Goles: 0-1 Noel (min. 20); 1-1 Moyano (min. 43); 2-1 Barral (min. 49); 2-2 Borja Granero (min. 56); 2-3 William (min. 90+1).

Árbitro: Fernández Buergo (c. Asturiano). Amoestou a Soriano (min. 22), Lapeña (min. 28), Reguera (min. 67), Miku (min. 73), Bonaldo (min. 74), Zambrano (min. 82) e Álvaro Montero (min. 90+5).

Incidencias: partido da 19ª xornada de Primeira RFEF disputado no Municipal de Villaviciosa de Odón, con 1.000 Deportivistas na bancada do campo madrileño.

 

-Foto : rcdeportivo.es

-Vídeo : Footters

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies