A CRÓNICA : DEPOR 4-3 CD TUDELANO . “ESTE É OUTRO EQUIPO”.

 

Depor 4-3 CD Tudelano

Penoso encontro da defensa de ambos conxuntos, e extraordinario dos ataques. Nun choque bonito para o espectador e de sufrimento para os afeccionados de ambos equipos, con dentes de serra continua, fora do mal partido, vimos a outro Depor, un equipo que non se ven abaixo con cada gol do rival e buscou, axudado dunha afección entregada, sempre gañar o encontro ata acadalo.

Neses dous meses horribles que nos levaron a perder a loita pola liga, o equipo cada vez que sufría un gol víñase abaixo. Tanto tiña que fora o de se nos poñían por diant, coma se fosoe o de que nos empataban, ou acurtaban distanzas. Parece que iso quedou atrás, polo visto nos derradeiros encontros, e máis neste, que tiveron que remontar ata en 3 ocasións.

Depor: Mackay, Antoñito, Lapeña, Borja Granero, Aguirre (Héctor Hernández, min. 59), Diego Villares, Álex Bergantiños, Juergen (Rafa de Vicente, min. 90+2), Mario Soriano (Yeremay, min. 59), Quiles (Noel, min. 85) e William (Miku, min. 46).

CD Tudelano: Natxo Zabal, Iván López, Laerte jr, Gualda, Agus Alonso (Alain Ribeiro, min. 65), David Luna (Cedenilla, min. 85), Yasin (Aranzabe, min. 79), Caballero (Bassirou, min. 79), Diego Rolo, Aitor González (Faber, min. 85) e Cavafe.

Goles: 0-1 Caballero (min. 6); 1-1 Borja Granero (min. 23); 1-2 Caballero (min. 24), 2-2 Mario Soriano (min. 45); 2-3 Agus Alonso (min.45+4); 3-3 Miku (min. 63); 4-3 Villares (min. 74).

Árbitro: Pérez Hernández (c. Madrileño). Amoestou a Quiles (min. 29), Laerte jr (min. 33), Zabal (min. 45), Gualda (min. 45), Aitor González (min. 45+2), Diego Royo (min. 71), Granero (min. 81), Álex Bergantiños (90+2).

Incidencias: partido da 36ª xornada de Primeira RFEF disputado no Estadio de Riazor ante 11.383 espectadores.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia.es