A CRÓNICA : DEPOR 3-3 RAYO : “EMPATE NUN ENCONTRO TOLO CON DOUS PENALTIS INVENTADOS”.

 

Depor 3-3 Rayo Vallecano

Tarde expléndida para ver un encontro que non aburreu a ninguén. Ainda non colleran acomodo os suplentes na grada, nen as garimbas sobre a mesa e xa se poñía por diante o equipo de Paco Jémez. Tan só medio minuto de xogo e Juan Villar xa batía a Dani Giménez, ante un Depor durmido. 

Non acusou o golpe o conxunto deportivista porque ainda había tempo de sobra para levantarse. Volveu Fernando Vázquez o 4-2-3-1 e pouco durou a resitencia. Comezou a trenzar boas xogadas o equipo pero adoeceu de remate. Si que estivo atinado o conxunto madrileño que nun intento de cesión co peito de Mollejo no centro do área pequena, volveu a cruzarse Juan Villar que facía o 0-2.

Antes do parón de hidratación Koné puido recortar distanzas pero o seu disparo, forte dende lonxe, pasou lambendo o poste. Nada novo ata o descanso no que Fernando deu entrada a Christian Santos, Emre Çolak e Hugo Vallejo no lugar de Álex Bergantiños, Salva Ruíz e Keko Gontán. Con estes cambios, o Deportivo volveu pechar con tres centrais (Bóveda, Peru e Mujaid), pasando Hugo a ocupar o carril dereito e Mollejo o esquerdo. Agbo quedou como único mediocentro, con Aketxe e Çolak por diante e Koné e Christian Santos en punta.

Funcionaron os trocos e tras un gran centro de Koné. Santos remataba cruzado de testa para facer o 1-2. Golazo e nova vida. Puido marcar o Rayo cun tiro a madeira pero foi Mollejo o que faría o 2-2 rematando a pracer en boca de gol. Aketxe e Borj Valle que saleu por Koné, puidero porñer o 3-2, pero este non chego ata o minuto 81, cun tanto de penalti de Aketxe. Un penalti inexistente por mans de Martín Pascual, que Vicandi Garrido consultou na televisión da banda para pitalo e a verdade non se ve claro que lle de no brazo, ainda que os xogadores deportivistas pedírono o instante. Aketxe tirou e parouDimitriesvki mandando o longueiro. O VAR madou repetir por adiantarse o meta raista. Na segunda Aketxe non fallou.

Cando parecía que os puntos se ían quedar na casa, Vicandi Garrido sacouse da chisteira o penalti da compensación, para quitarse os remordementos do anterior pitado e sinalou unha carga de Mujaid sobre Qasmi, deses que hai centos nos encontros en cada saque de curruncho ou falta. Non perdonou dende os 11 metros Mario Suárez e deixounos de novo coma en Oviedo ca mel nos beizos.

Un punto insuficiente que nos deixa fora do descenso momentaneamente a espera do que faga o Oviedo co Sporting de Xixón. e cos mesmo puntos ca Numancia e Albacete e por enriba deles por golavraxe, pero eles cun encontro máis.

Toca esperar por unha vitoria ante o Elche o vindeiro martes 23 de Xuño a partires das 19:30 horas, ca arbitraxe de Dámaso Arcediano Monescillo.

Depor : Dani Giménez, Bóveda, Mujaid, Peru Nolaskoain (Montero, min. 89), Salva Ruiz (Hugo Vallejo, min. 46), Agbo, Álex Bergantiños (Emre Çolak, min. 46), Keko (Christian Santos, min. 46), Aketxe, Mollejo e Koné (Borja Valle, min. 67).

Rayo Vallecano : Dimitrievski, Tito, Catena, Milić (Martín, min. 46), Luna (Joni Montiel, min. 90), Óscar Valentín, Mario Suárez, Trejo (Santi Comesaña, min. 53), De Frutos, Juan Villar (Qasmi, min. 53) e Álvaro García (Isi, min. 69).

Goles: 0-1 Juan Villar (min. 1); 0-2 Juan Villar (min. 21); 1-2 Christian Santos (min. 50); 2-2 Mollejo (min. 52); 3-2 Aketxe, de penalti (min. 89); 3-3 Mario Suárez, de penalti (min. 90+3).

Árbitro : Vicandi Garrido (c. vasco). Equivocouse nos dous penaltis sinalados, polo demáis estivo ben nun encontro sen complicacións. Cartón amarelo a Mario Suárez (min. 57), Martín (min. 81) e Dimitrievski (min. 87).

PERU LESIONADO

O xogador vasco do Depor saeu en paiola co que parecía unha lesión grave pero segundo a  primeira exploración médica no vestiario indicaron os galenos deportivistas que Peru Nolaskoain sufriu unha entorsis no seu nocello dereito na recta final do encontro ante o Rayo Vallecano. Os Servizos Médicos do RC Deportivo realizarán probas complementarias para confirmar o devandito diagnóstico.

 

MANIFESTACIÓNS

FERNANDO VÁZQUEZ

 

PACO JÉMEZ

 

 

DANI GIMÉNEZ

O meta deportivista recalca que “a forza do grupo é a que nos vai a facer saír de aquí. Temos que traballar para empezar os partidos fortes. E non regalar porque imos xogar contra equipos que están nunha situación mellor que a nosa e se lle damos vantaxe seguramente non podamos conseguir nin un punto”.

Sobre o partido, indica que “se nos pon costa arriba” co primeiro gol do Rayo Vallecano no primeiro minuto. “Pasámonos os 45 minutos da primeira parte sen saber como responder, sen saber que facer, sen presionar e deixando xogar fácil ao contrario. Por sorte e porque falamos no descanso, cambiamos as cousas. A mentalidade do equipo cambiou”, engadiu.

Subliña que “levantar un 0-2 contra un gran equipo como o Rayo, está ben. Pero o punto é agridoce. A min sábeme non a derrota porque non perdes… Pero co que nos estamos xogando non podemos regalar tanto e regalamos moito”.

En opinión do veterano gardameta deportivista, “deixamos xogar moi sinxelo a todos os equipos, non séntense presionados. E unha vez nós sentímonos presionados polo marcador, tentamos reaccionar e o equipo mellora moitísimo cando é valente, cando decidimos gañar os duelos e dicir que aquí non pasan os rivais. A ver se aprendemos que todos podemos fallar pero os fallos limítanche moitísimo”.

-Foto, Vídeo e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies