A CRÓNICA : DEPOR 3-3 NUMANCIA : “GOLPE NOS FUCIÑOS”

 

DEPOR 3-3 NUMANCIA

Falábamos na previa de que este debía ser un “golpe enriba da mesa” para alonxar dúbidas e foi un “golpe nos fuciños” que aumenta as dúbidas.

Primeira metade infame do Depor que parecía un equipo de fútbol afeccionado que tiña enfronte a un da 2ª División. Perdendo balóns doados, véndose asediado e coma un flan na volta do área e dentro dela, sen ser capáz de sair máis ca con patadón adiante. Esto derivou no 0-1, con outro erro defensivo groseiro. O central visitante Escassi rematou ata en duas ocasións dende o punto de penalti libre de marca. Chegar co 0-1 o descanso foi unha vendición, pois pouco antes David Simón sacou un balón baixo paus que podería ser o 0-2. Por parte deportivista un tiro o lateral da rede de Koné, moi perdido pegado abanda.

As cousas trocaron na segunda metade, houbo outra marcha no xogo deportivista, así coma o paso atrás, esperar e sair a contra dos numantinos. Aketxe colleu o mando e aos 4 minutos da reanudación púxolle un balón medido a Montero para que de testa libre de marca fixese o 1-1. O propio Aketxe probaba na sua segunda falta o borde do área para de novo facer un golazo dende “a sua casa”. 

Coa remontada creceu o ambente na grada, que fora caldeado na primeira metade, (agás os Blues que animaron sempre e protestaron cando tiñan que protestar). 

Puido chegar o 3-1 en varias ocasións, pero faltou rematador baixo paus o a carón do poste e chegaría tras unha internada de Borja Galán que collera o interior ca saida de Cristian Santos e o pase de Koné a punta de ataque. Na internada centra e curta ca man un central numantino. Penalti e magnífica definición de Koné.

Parecía todo resolto e puido chegar o 4-1 pero Vicente Gómez non rematou ben un centro de Borja Galán, con todo para marcar. Xa sen Aketxe no campo o equipo veuse atrás eo o central Derik facía o 3-2 noutro erro defensivo tremedo, rematando libre de marca no centro do área.

Tras un balón que toda a banda de Tribuna e Maratón pediron que saira, chega unha falta o inentar cortar de Koné e ve o segundo cartón amarelo, no 91, preludio do que ía a ser o definitivo 3-3, con outro erro defensivo desastroso, con remate de novo do central Escassi só dentro do área no 93 e co que se acababa un encontro que comezou de pena, pasou a gloria ca remontada e acabou de pena e dando pena, tirando eles mismos un gran traballo da segunda metade en tan só 5 minutos.

Depor: Dani Giménez; David Simón, Lampropoulos, Montero, Salva Ruiz; Álex Bergantiños; Mollejo, Gaku Shibasaki (Vicente, min.59), Aketxe (Beto da Silva, min.85); Koné e Christian Santos (Borja Galán, min.67).

 Numancia: Dani Barrio; Calero, Derik, Escassi, Héctor Hernández; Kako (Otegui, min.55), Gus Ledes; Moha (Alain, min.75), Curro (Zlatanovic, min.64), Mateu; e Higinio.

Goles: 0-1, min.13: Escassi. 1-1, min.49: Mollejo. 2-1, min.55: Aketxe. 3-1, min.83: Koné, de penalti. 3-2, min.88: Derik. 3-3, min.93: Escassi.

Árbitro: Álvaro Varón Aceitón, d Comité Balear. Expulsou a Koné (min.91), por dobre cartón e amosoulle cartón amarelo a Gaku Shibasaki (min.34). Perdonou o xogo duro dos numantinos que se foron a casa sen nengún cartón a pesares de facer varias faltas que o merecían en especial sobre Aketxe e Mollejo.

Incidencias: Partido de la sexta jornada de LaLiga SmartBank disputado en el Estadio Abanca-Riazor ante 14.010 aficionados.