Depor 3-2 Talavera
Nen nos seus pensamentos máis positivos o Talavera pensou que acabaría ante un Riazor con 12.360 afeccionados, da pesares da hora), pedindo a hora.
Saeu o Depor tal e como se espera que o faga, e aos 6 minutos de xogo xa gañaba con gol de Villares. Puido chegar o segundo, pero foise calmando o encontro, para voltar a ter o dominio. Dous tiros a madeira, e o segundo gol deportivista, un centro envelenado de Rubén Díez, que se cola.
Ata o final da primeira metade puido chegar o terceiro, pero Quiles ten o olfato goleador perdido. Si chegou o gol dos visitantes, nunha contra con disparo a porta, Mackay despexa mal e Escudero marca a pracer. Un agasallo, gol evitable, e na única ocasión dos de Talavera de la Reina.
Xa na segunda metade o equipo visitante quixo ter o balón e consigueuno por intres, pero un gran pase de Villares a Trilli, este centra e Bergantiños dispara a pracer, da no poste, no lombo do meta, e para adentro, 3-1. Algo máis de media hora e o encontro controlado, pero outra perda, contra e gol dos visitantes, era o seu segundo tiro en todo o partido, e os dous, agasallos deportivistas e para adentro. Pouco despois puideron acadar o empate, cun centro envelenado, que Pablo Martínez, (hoxe titular), non quer tocar o estar en boca de gol, e non son quen de rematar a bocaxarro dous atacantes.
Tivo máis o balón o equipo talaverano, e a sensación era de nervosismo, o deixalos crecer, pero pasou o baixón tralo 3-2, e o encontro foi morrendo con máis nervos ca perigo, a excepción dunha falta lateral, pitada, pero inexistente. Pero co conseguinte nervosismo pola escasa ventaxe.
O que puido ser o encontro do rexurdir, pasou a ser unha nova decepción, por mor da pólvora mollada da dianteira, e polas perdas en medio campo, así como as lagoas defensivas.
Destacar do equipo o gran encontro de Villares, e en especial o de Roberto Olabe, que recuperou un sinfín de balóns, bregouse en defensa, e tivo presenza en ataque.
O Detalle : desta volta houbo pitada o final do encontro, e Bergantiños e Mackay arrimáronse a falar cos afeccionados na Grada de General.
Lesionados : Isi Gómez que ía a ser titular, tivo que retirarse no quecemento por molestias no adutor. tamén acabou tocado Olabe, pero neste caso parece que foi subida de xemelgos.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia