A CRÓNICA : DEPOR 3-2 OVIEDO : “COMEZO CON VITORIA E GOLES”

 

 

Bonito encontro o visto por deportivistas e oviedistas no Estadio de Riazor. Un choque no que o Depor dispuxo o que puidemos ver na pretempada, presión por todo campo comezando dende a porta contraria e recuperacións con tansicións rápidas, cun Gaku que xa amosou a perla que temos no medio do campo, en canto lle duraron as forzas. 

Non tardou en chega o primeiro gol da tempada, ainda que foi validado un minuto despois de ser acadado. Recuperación de Gaku, disparo dende lonxe de Borja Valle e no rexeite do meta, Koné rápido chega antes para facer o primeiro. Houbo que tirar de VAR xa que o liña anulaba o gol por fora de xogo.

Sigueu co mesmo ritmo o Depor e puido chegar o segundo de novo por medio de Koné pero o seu disparo foise alto con todo para marcar.

Tralo paso por vestiarios o equipo branquiazul deu un paso atrás o que aproveitou o Oviedo para ter máis o balón e chegar con perigo. A sua primeira oporunidade de gol chegaba por medio de Saúl Berjón aos 49 minutos de xogo, cun disparo no que Dani Giménez sacou unha man prodixiosa e pouco despois era Ortuño o que disparaba con perigo cun tiro cruzado que se colaba antre as pernas de Lampropoulos.

Co equipo ovetense dominando, unha xogada por banda na que tocaron o balón Eneko Bóbeda, Borja Galán, Koné e Álex Bergantiños, para que finalizase cun soberbio disparo dende fora do área, Aketxe, para facer o 2-0.

O gol revolucionou aos contrarios que buscaron con maior ainco a porta defendida por Dani Giménez. Estaban a merecer o gol e así foi. Nunha falta sacada por Saúl Berjón o borde do lateral do área, Lolo tocaba e Michelle Somma desviaba o balón o fondo da sua propia porta. Pouco despois Saúl Berjón puido facer o segundo cun balón o traveseiro, pero sería a falla dun cuarto de hora para o final cando nunha rápida xogada por banda dereita centro e libre de marca,  nun erro tremendo defensivo, o xove Samuel Obeng marcaba de testarazo impecable.

Tardou en reaccionar Anquela, pero non se conformou co empate e puxo no campo a Samuele Longo que debutaba así como deportivista e pouco despois a Chrístian Santos, que co encontro no seu treito final, aproveitaba un pase en longo de Lmpropoulos cun gran control orientado e facéndolle un sombreiro a Carlos Hernández, para o caer o balón no céspede sacar un tremendo zurdazo para facer saltar Riazor.

Vitoria moi importante para comezar, ante un moi bo Oviedo, que na segunda metade fixo méritos dabondo para levarse un punto.

Depor : Dani Giménez, Bóveda, Lampropoulos, Somma, Diego Caballo, Álex Bergantiños, Gaku, Borja Galán, Aketxe (Peru Nolaskoain, min. 90+2), Borja Valle (Longo, min. 79) e Koné (Christian Santos, min. 84).

Real Oviedo : Alfonso Herrero, Johannesson, Carlos Hernández, Christian Fernández, Mossa, Edu Cortina (Obeng, min. 67), Lolo González, Tejera (Ibrahima Baldé, min. 90+2), Sangalli, Ortuño (Riki, min. 86) e Saúl Berjón.

Goles: 1-0 Koné (min. 20); 2-0 Aketxe (min. 56); 2-1 Somma, en propia meta (min. 69); 2-2 Obeng (min. 78); 3-2 Christian Santos (min. 88).

Árbitro: Ocón Arráiz (c. rioxano). Cartón amarelo a Carlos Hernández (min. 38), Mossa (min. 61) e Tejera (min. 70).

Incidencias: partido da 1ª xornada da 2ª División Española de Fútbol disputado no Estadio de Riazor ante 20.534 espectadores, 1.500 deles chegados dende Asturias. Moi boa entrada se temos en conta que estamos en Agosoto e que moitas das localidades da nosa terra están en festas.

Próximo rival : SD Huesca o Domingo 25 de Agosto ás 19:00 horas  no Estadio Alcoráz. Encontro para o que non haberá entradas para os afeccionados do Depor ao estar en obras a grada dos visitantes, segundo dixo o clube oscense.

 

MANIFESTACIÓNS

Anquela 

“A primeira parte fomos un equipo moi serio. Na segunda con todo… Houbo moitos partidos dentro do mesmo partido. Cando máis fácil o tiñamos, complicóusenos. E canto máis difícil púxosenos ao final, tivemos a sorte de sacalo adiante”.

Borja Valle

“La magia del fútbol es esto. En cualquier jugada, cualquier compañero hace el 3-2. Te vas a casa contento, cansado porque el desgaste ha sido grande. El partido ha sido muy complicado porque el Oviedo es un equipo muy intenso. Felices”.

Mamadou Koné

“El campo es impresionante y hoy se ha demostrado hasta cuando íbamos empatados. La afición no dejó de apretar y nos ayudaron a conseguir la victoria”…”El equipo llegó a los minutos finales muy cansado. Veíamos el partido muy difícil. El cambio de Christian nos dio más fuerza. Con el golazo que mete estamos todos contentos”.

 

 

VÍDEO DO ENCONTRO

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es