A CRÓNICA : DEPOR 3-0 UNIONISTAS : “LUCAS VIVEU O REESTREO DESEXADO, NUNHA GRAN NOITE EN RIAZOR”.

Lucas viveu o reestreo desexado.

 

Depor 3-0 Unionistas de Salamanca

Sorprendeu Óscar Cano ca inclusión de Villares no lateral dereito, en detrimento de Trilli, e máis cando se lesionaba Raúl Carnero aos 14 minutos de xogo e pasaba a xogar o franco-español, Pablo Martínez como lateral esquerdo.

O equipo abocado ao xogo por dentro e prescindir moito das bandas, chocou unha e outra vez co muro do Unionistas, que non sendo no primeiro minuto do encontro, pasou cáseque toda a primeira metade pechado nas inmediacións da sua área, ou dentro dela.

Un pase de gol de Villares era rematado a gol por Rubén Díez, pero o tanto sería anulado por fora de xogo. Pouco despois Quiles mandaba un balón a madeira, e o propio Quiles tería un man a man co porteiro, que non rematou como nél é coñecido e o meta desviaba o gol cantado. Tamén Isi tivo un gol cantado, pero fallou con todo a favor.

As tornas trocaron na segunda metade atacando contra “General”. Un gran pase de Soriano, deixa só a Lucas, que regatea o porteiro e marca a pracer, para a explosión de xúbilo dos 23.745 espectadores que se deron cita en Riazor, cunha nutrida porción de Unionistas, que antes do encontro disfrutaron dun xantar de confraternización, orgañizado pola Federación de Peñas Deportivistas, e que pasaron a fin de semana na Coruña, en gran número.

O gol desatou ao Depor, e pouco despois, Lucas puido marcar o segundo tras pase de Rubén Díez, pero en lugar de tirar a porta quixo pasarlla a Soriano, que o acompañaba na xogada, pero o central visitante cortaba o pase.

O encontro acabaríase para os visitantes no 59. Unha internada de Soriano, era curtada ca man, fora do área, do seu meta, Salva, e a colexiada, Huerta de Aza, ensináballe o conseguintr cartón vermello. Na falta o borde do área, Lucas, mandaba o balón raspando a escadra, por fora.

Rubén Díez, tras yb contragolpe, era derribado no área por Mario Gómez, e chegaba o penalti, no que a pesares de que lle deron o balón a Lucas, este pasoullo a Quiles, que materializou a pena máxima, o estilo Panenka.

A partires de aí, puideron vir máis goles, por parte de Quiles,e Martínez, coas ocasións máis claras, pero foi no descontoo, cando tras gran xogada de Zalazar, coma se dun extremo, ou un lateral se tratase, chegaba a liña de fondo, vís s Lucas no borde do área, asistíao e este non erraba, con forte disparo, poegado o pau esquerdo da meta visitante.

Trunfo importante habida conta que os 3 darriba, (Alcorcón, Córdoba e Castilla), gañaron os seus encontros, e na vindeira semana visitaremos ao Alcorcón, que vai primeiro empatado co Córdoba, a 4 puntos dos nosos.

Depor: Mackay, Diego Villares, Lapeña, Pablo Martínez, Raúl Carneiro (Jaime, min. 15), Rubén Díez (Álex Bergantiños, min. 85), Olabe, Isi Gómez (Svensson, min. 85), Quiles (Kuki Zalazar, min. 85), Mario Soriano (Yeremay, min. 74) e Lucas.

Unionistas de Salamanca CF: Salva da Cruz, David Vicente, Jon Rojo, Ramiro, Mario Gómez, Nespral (Borja Díaz, min. 58), Tropi, Blázquez (Alberto Sánchez, min. 58), Iván Chapela (Mario Losada, min. 67), Beneit (Mawi, min. 67) e De Miguel (Juampa Barros, min. 67).

Goles: 1-0 Lucas (min. 49); 2-0 Quiles -p- (min. 66); 3-0 Lucas (min. 90+3). 

Árbitra: Huerta de Aza (c. canario). Amoestou a Mario Soriano (min. 26), Blázquez (min. 45+2). Expulsou a Salva da Cruz (min. 57), Isi Gómez (min. 80)

Incidencias: Partido da 18ª xornada de Primeira Federación disputado no Estadio de Riazor ante 23.745 espectadores. Antes de comezar o partido gardouse un minuto de silencio en memoria de Antonio Barbeito, doutor do RC Deportivo durante 24 anos. 

 

O Detalle : A afección visitante coreou a cantinela de : “Es de Primera, el Depor es de Primera”, e comezou a coñecida “ola” que deu a volta ao estadio varias veces. Dende a grada de General respostouse co berro dos salmantinos : “U-ni-o-nidtss de Salamanca!!!”.

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Vídeo : RFEF

-Texto : piratasdemuxia